Print this page

Comeza o programa de dinamización lingüística FalaRedes

Rate this item
(0 votes)

Arranca unha nova edición do programa FalaRedes, que a consellería de Cultura do goberno de Galicia levará polos concellos adscritos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL).

Esta cuarta edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes arranca, coma sempre, con propostas de lecer en galego pensadas para todas as idades coas que promover o uso e a valoración positiva da lingua propia de Galicia. As novas actividades chegarán desde marzo e ata decembro aos concellos da RDL.

Dentro das novas propostas, os xa famosos Bolechas -personaxes deseñados por Pepe Carreiro- volverán darse cita desde a primavera coa cativada de entre 4 a 8 anos, nunha nova viaxe chea de aventuras e de diversión: Os Bolechas e a máquina do tempo, un espectáculo de monicreques manipulados por actores á vista.

O programa de dinamización lingüística chega á súa cuarta edición, logo do éxito obtido nas case 600 actividades desenvolvidas no marco da RDL durante os tres primeiros anos de desenvolvemento deste programa.

Máis información sobre FalaRedes 2015 no web institucional da Secretaría Xeral de Política Lingüística http://www.xunta.es/linguagalega/falaredes_2015.