Onte principiou a II Semana do Libro e a Lectura, organizada pola Deputación de Lugo coa finalidade de xerar un espazo aberto e dinámico no que os pequenos e pequenas, os libros, a fantasía, a ilusión e a creatividade serán os protagonistas.
Nesta II Semana ofértanse dende obradoiros de animación á lectura, de teatro, de expresión corporal, escrita creativa ou oralidade, ata obradoiros de regueifas, de expresión corporal de rap ou de beatbox. Contarase polas mañás con xente como Sabela Gago, Chus Álvarez, Celso Fernández Sanmartín ou David Otero. As actividades para público en xeral son dirixidas a familias, que poderán disfrutar delas a partires das 18.30 h. no pazo de San mArcos da capital luguesa, e pretenden amosar a parte máis lúdica da lectura. Hai dende contacontos ata títeres, ademais a presentación do audiovisual Caracois de OQO Editora. A mostra compleméntase coa exposición permanente de ilustradores e ilustradores e dos materiais elaborados polo alumnado dos centros de ensino participantes.
Os actos desta II Semana do Libro e da Lectura alongarase ata o venres 15 de abril.