Print this page

Chamádeme Simbad, na lista de honra do IBBY

Rate this item
(0 votes)

Chamádeme Simbad, do escritor vigués Francisco Castro e publicado en Galaxia, foi incluído na Lista de Honra coa que a OEPLI -Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil – (pola do IBBY no estado español) recoñece os libros máis significativos destinados ao público máis novo editados nos últimos dous anos.

A OEPLI selecciona catro escritores, un por cada unha das linguas do estado, xunto a outros catro tradutores e un ilustrador. Entre estes últimos nomes hai que destacar o de Carmen Torres, tradutora ao galego de Kafka e a boneca viaxeira (Galaxia) de Jordi Serra i Fabra; e a pontevedresa Kalandraka editora, encargada da publicación de dous dos libros seleccionados pola OEPLI: a tradución ao éuscaro (en coedición coa navarra Pamiela) de Que bonito é Panamá! (Zein polita den Panama!) e Kembo, incidente en la pista del circo Medrano, álbum ilustrado por Miguel Calatayud.

As obras incluídas na selección pasarán a formar parte dun extenso catálogo que será presentado en Londres no transcurso da 33ª edición do Congreso Internacional do IBBY, amais de formar parte dunha exposición itinerante que percorrerá países como los EUA, Alemaña, Xapón, Rusia...