Print this page

Catro ilustradoras galegas seleccionadas para participar na Bienal de Bratislava 2017

Rate this item
(0 votes)

Cada dous anos celébrase na capital de Eslovaquia, Bratislava, a Bienal de Ilustración (BIBIANA), unha prestixiosa exposición internacional de ilustracións de libros de literatura infantil e xuvenil, organizada polo Ministerio de Cultura eslovaco, a UNESCO e a Casa Internacional da Arte para Nenos, que se celebra durante los meses de setembro e outubro.

A OEPLI, como sección do estado español de IBBY selecciona, xunto coas súas catro seccións territoriais (onde está incluída Gálix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), a quince ilustradoras e ilustradores con vinte e catro libros de recente publicación.

Ademais da mostra de orixinais, realízase un simposio internacional de especialistas na ilustración de libros para nenos e mozos. No marco da Bienal, un xurado internacional concede os seguintes Premios ás mellores obras: un Grand Prix, cinco Mazás de Ouro e cinco Placas. Para a edición de 2017 hai catro galegas seleccionadas. Trátase de:

-          Marina Seoane. Ilustradora de O segredo de Zoe (Tambre) e Fred Quincalla o nómade do mar (Xerais)

-          Xosé Cobas. Ilustrador de Cadros dunha exposición (Kalandraka) e En la cuna del mar (Creotz Ediciones).

-          Minia Regos Sanz. Ilustradora de Tac, tac, tac, plof (Narval).

-          Xan López Domínguez. Ilustrador de El camaleón malcarado (Edelvives) e Viaxe a Dragonia (Rodeira).

Entre os finalistas atópase tamén Miguel Cerro, ilustrador (e autor) de Despois da chuvia (Kalandraka), obra gañadora do VII Premio Internacional Compostela para Álbumes Ilustrados.

 

Additional Info