Print this page

Carlos Labraña lévase o Estornela de teatro infantil

Rate this item
(2 votes)

O dramaturgo cedeirense Carlos Labraña ven de se facer co VIII Premio Estornela de teatro para nenos que organiza a Fundación Xosé Neira Vilas coa finalidade de estimular a creación teatral e de proporcionarlles a nenas e a nenos obras que se poidan representar. A obra titulada A pequena compaña permite a Labraña acadar por terceira vez este prezado galardón.

O xurado do certame valorou a “perfecta caracterización dos personaxes, a tensión dramática e o vibrante ritmo narrativo” da obra gañadora, así como “o adecuado emprego do léxico e o recurso á tradición galega e á mitoloxía clásica”.

Ademáis da obra gañadora, o xurado quixo salientar os traballos As terapias da doutora ledicia, de Raquel Castro Martínez; e As aventuras de Odiseo, de Xosé Luna Sanmartín, con cadansúa mención de honra.

Carlos Labraña, como parte do premio a maiores da cantidade económica estipulada nas bases do concurso, verá publicada a súa obra na editorial Embora.