Print this page

Carlos Labraña gaña o concurso de Teatro infantil 2014 da A.C. O Facho

Rate this item
(0 votes)

O dramaturgo Carlos Labraña é o gañador do concurso de Teatro infantil 2014 que organiza a Agrupaçom Cultural O Facho pola súa obra Moito morro corporation Sociedade Ilimitada. O xurado estivo composto polos autores Manuel Lourenzo, Carme Martínez Mosqueira e Rubén Ruibal.

A Agrupaçom Cultural O Facho tamén fixo públicos os nomes dos gañadores do concurso literario “Contos de nenos para nenos” na súa convocatoria do ano 2014. Segundo acordo do xurado formado polos escritores Xabier P. Docampo, Breogán Riveiro Vázquez e Xosé Manuel Martínez Oca, os gañadores foron:

Premios da Categoría A (Nenos e nenas de 9 a 12 anos):

Primeiro premio: Onde estás? de Claudia Neira Pérez. Alumna do IES do Camiño, de Palas de Rei (Lugo).

Segundo prémio: O espantalho de Víctor Vidal Anta. Alumno do CEIP Tuela Bibey de Lubian (Zamora).

Premios da categoría B (Rapaces e rapazas de 13 a 16 anos):

Primeiro premio: Onde remata o real… e comezo eu de Alba Pérez Barcala. Alumna do IES de Cacheiras, Teo (A Coruña).

Segundo premio: Na cara escura da Lúa de Helena Aurora Risco Montero. Alumna do IES Lucus Augusti de Lugo.

O acto de entrega dos diferentes premios será o vindeiro 6 de xuño ás 19.00 h. no Salón de Actos da ONCE (Cantón Grande, 3) da Coruña.