Print this page

Bandada, premio Compostela de álbum ilustrado 2012, incluída nos White Ravens

Rate this item
(1 Vote)

Bandada, a obra coa que os mexicanos María Julia Díaz Garrido e David Daniel Álvarez Hernández gañaron o V Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, foi incluída na prestixiosa selección ‘The White Ravens 2013‘ que realiza a Biblioteca Internacional da Xuventude (Internationale Jugendbibliothek) de Munich. Bandada está publicada pola editorial pontevedresa Kalandraka.

Esta selección -que se presentará na 50ª Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña- componse dun total de 250 títulos publicados en distintos países e linguas diversas. Un comité de expertos en literatura infantil e xuvenil analiza a produción editorial en base a criterios como a temática, a innovación artística, o estilo literario ou o deseño.

Dende la Internationale Jugendbibliothek referíronse a “Bandada” como un álbum “impresionante” sobre a historia da civilización, tomando como protagonistas simbólicos a un conxunto de aves humanizadas. Trátase dun relato que propón unha fonda reflexión sobre o desenvolvemento dunha sociedade que inicialmente busca o coñecemento, o progreso científico e o benestar, pero que co tempo perverte os seus principios, xera violencia e dominación dos fortes sobre os débiles.

As ilustraciones detallistas, realizadas coa técnica do grafito, destacan por crear unha atmosfera de “quietude perturbadora, melancolía e desilusión”, segundo os expertos da Internationale Jugendbibliothe.