Print this page

As Literaturas Infantís e Xuvenís: Obras imprescindibles para o ensino primario e secundario sobre conflitos bélicos

Rate this item
(1 Vote)

Os días 25 e 26 de setembro e 2 e 3 outubro de 2015 terá lugar na Biblioteca Afundación de Santiago de Compostela o XII Curso de Formación "Obras imprescindibles para o ensino primario e secundario sobre conflitos bélicos”. Este curso, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, está dirixido especialmente a mestres e profesorado de secundaria e bacharelato, aínda que tamén pode acceder ao mesmo calquera interesado no tema.

"Obras imprescindibles para o ensino primario e secundario sobre conflitos bélicos" ten como finalidade formar e informar sobre o tratamento dos conflitos bélicos na Literatura Infantil e Xuvenil, co obxectivo de salientar aquelas obras que se consideran imprescindibles para a formación lectora no Ensino Primario e Secundario e así axudar á planificación da educación literaria. Esta formación está xeralmente excluída, ou pouco ofertada, nos planos de estudo de licenciaturas, diplomaturas e graos, malia a súa transcendencia en ámbitos básicos como a formación e comprensión lectora e escrita. Analizaranse obras imprescindibles, realizaranse talleres literarios e artísticos, encontros con autores que representaron estes conflitos nas súas obras.

Por este curso pasarán, baixo a dirección de Blanca-Ana Roig Rechou, Sara Reis da Silva, Marcos Calveiro, Pepe Carballude, Paula Carballeira ou Kiko da Silva, entre outras e outros profesionais. A matrícula deste XII Curso de Formación está aberta ata o 20 de setembro de 2015 e ten un custo de 25 €.

 

Additional Info