Print this page

As ilustracións de David Pintor, premiadas en Corea

Rate this item
(0 votes)

O ilustrador galego David Pintor ven de ser premiado no Nami island international illustration Concours de Corea polas ilustracións da súa obra Gulliver travels, publicado en Corea no selo Agaworld e en Galicia pola editorial Bululú, baixo o título As estrambóticas viaxes de Gulliver.

Pintor acadou o premio na categoría Special Prize e o seu traballo considerouse entre as máis de 600 propostas chegadas dos cinco continentes. O xurado estivo formado por membros procedentes de Xapón, Irán, Brasil, Rusia, Malasia e Corea.

As ilustracións premiadas estarán expostas do 25 de abril ao 31 de maio no transcurso da sexta edición do Festival do libro ilustrado da illa de Nami. Ademáis, editarase un catálogo cos ilustradores premiados.

Este certame, que se celebra dende o ano 2000 na coreana illa de Name, é un dos máis importantes de Corea e do leste asiático, destacando polo seu innovador e diverso enfoque á hora de tratar a cultura do libro infantil.


Additional Info