Print this page

As II Xornadas de Literatura Infantil e Xuvenil e animación á lectura centraranse nos contos e cantos de Tradición Oral

Rate this item
(0 votes)

A Universidade da Coruña e a Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega organizan as II Xornadas de Literatura Infantil e Xuvenil e animación á lectura, centrados este ano nos contos e cantos de Tradición Oral.

As xornadas desenvolveranse no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña os días 7 e 13 de novembro, coa participación de Paula Carballeira e Bea Campos.

A entrada é libre.

 

Programa

7 novembro . 16.30 h.

Paula Carballeira: Reinventando a tradición oral.

13 novembro. 16.30 h.

Bea Campos: Orella pendella: obradoiro para xogar cos ditos de sempre.