Print this page

As Escolas Católicas entregan os premios Frei Martín Sarmiento

Rate this item
(0 votes)

O pasado venres 4 de maio coñecéronse os gañadores do Premio Frei Martín Sarmiento, organizado polo departamento de Dinamización Lingüística de Escolas Católicas coa colaboración da Secretaria Xeral de Política Lingüística.

O acto, contou coa presenza do Secretario Autonómico de Escolas Católicas, J. Ignacio Parajó Calvo e co secretario xeral de Política Lingüística, Valetín García así como coa de distintas personalidades do ámbito da cultura, ademais dunha representación do alumnado e dos pais que participaron no premio literario.

Os gañadores desta XIV edición do Premio Frei Martín Sarmiento foron:

Categoría de Educación Infantil: Xogos musicais (Edicións do Cumio) de Luís Prego.

1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria. O sombreiro do mago (Xerais) de Ánxeles Ferrer.

2ª categoría: 3º e 4º de Educación Primaria. Contos do sol e da lúa (Alvarellos) de Helena Villar Janeiro.

3ª categoría: 5º e 6º de Educación Primaria. Hilario e os tres medos (Santillana) de Xoán Babarro.

4ª categoría: 1º e 2º de ESO. Tras a sombra do bruxo (Rodeira) de Francisco Díaz Valadares.

5ª categoría: 3º e 4º de ESO. Presas fáciles (El Patito editorial) de Miguelanxo Prado.

6ª categoría: bacharelato e adultos. A ferida do vento (Galaxia) de Antón Riveiro Coello.

Os premios Frei Martín Sarmiento, que chegan este ano á súa décimo cuarta edición, recoñecen obras literarias en galego seleccionadas polo alumnado e as familias dos centros educativos de Escolas Católicas. Máis de 2500 estudantes leron as novelas finalistas e emitiron o seu voto para seleccionar as gañadoras.