Print this page

As bibliotecas de Oleiros acollerán máis de sesenta actividades na Hora do conto

Rate this item
(0 votes)

Un ano máis, as Bibliotecas Municipais de Oleiros organizan a actividade da Hora do conto. Entre os meses de febreiro a maio realizaranse 60 sesións de contacontos dirixidas a nenas e nenos menores de 10 anos.

Levaranse a cabo nas bibliotecas municipais, a través de narración ou dramatización dun ou varios contos, cun enfoque lúdico e unha vivencia activa e participativa cos libros, fomentando a imaxinación e a creatividade.

Os obxectivos que se intentan conseguir son que as nenas e nenos participantes se divirtan escoitando contos, facer novas lectoras e lectores ou consolidarlles este hábito, que descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e que vivan o libro en colectividade xunto con outras nenas e nenos.

Participarán as contadoras e contadores Raquel Queizás, Andrea Bayer, Pablísimo, Soledad Felloza, Paula Carballeira, Pavís-Pavós, Marisa Irimia, Ramiro Neira, Inés Cuadrado, Pedro Brandariz, Fran Ínsua, Caxoto, e a Compañía Trinke-Trinke cos “Ratos da biblioteca” que narrarán diversos contos, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de fantasía e imaxinación.

Pódese ver o programa completa no arquivo adxunto.