Print this page

Ares programa un obradoiro de animación á lectura para os máis pequenos

Rate this item
(0 votes)

O Concello de Ares, a través da área de Cultura, porá en marcha mañá hoxe un obradoiro de animación á lectura, que se desenvolverá ao longo de todo o curso escolar na biblioteca municipal, ubicada na Alianza Aresana.

Durante dous días ao mes –comezarán sendo os martes cada quince días, aínda que a data podería cambiar, sempre previo aviso-, os nenos e nenas de catro a oito anos –principais sectores da poboación aos que se dirixe o obradoiro- poderán participar nunhas actividades nas que o fío condutor serán os protagonistas dos contos.

O obradoiro prolongarase durante hora e media, na que se lerá un conto e se farán manualidades vencelladas a dita lectura. Así, a primeira sesión, prevista para mañá martes ás cinco da tarde, terá como protagonistas aos trasnos, fadas e gnomos.

Os participantes na actividade deberán inscribirse previamente na mesma biblioteca ou ben chamando ao seu número de teléfono (981 448 057).