Print this page

Antonio Manuel Fraga gaña o I Premio María Victoria Moreno de literatura xuvenil

Rate this item
(0 votes)

O pontedeumés Antonio Manuel Fraga vén de gañar o I Premio María Victoria Moreno de literatura xuvenil coa súa novela O bestiario científico de Anxos Nogueirosa. Este certame está organizado conxuntamente polo concello de Pontevedra e a editorial Urco.

O fallo do xurado, composto por Montse Pena Presas, Eli Ríos, Andrea Jamardo, Carme Hermida e Andrea Martínez, deuse a coñecer no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Da obra gañadora o xurado salientou a “fortaleza das personaxes femininas” da novela e o feito de “introducir o bestiario máxico galego nun contexto histórico”. Pola súa banda, Fraga sinalou nas súas redes sociais, unha vez coñecido o premio, que o libro está dedicado “a dúas mulleres valentes, a dúas pioneiras: Elvira Bao Maceiras e Ángeles Alvariño, nas que baseei dous dos personaxes desta historia. Mais, por xustiza, teño que lle dedicar tamén esta alegría ao meu padriño Antonio, "o Moreno", que me axudou a comprender como era a vida dun neno pobre da aldea alá polos anos trinta”.

O bestiario científico de Anxos Nogueirosa será publicado por Urco nos vindeiros meses.