Print this page

Alameda literaria das árbores celtas nas Pontes

Rate this item
(0 votes)
Alameda literaria das árbores celtas nas Pontes Foto: IES Castro da Uz

A comunidade educativa do IES Castro da Uz inaugurará o vindeiro día 18 de xuño a súa alameda literaria das árbores celtas, un proxecto que nacía hai máis dunha década da man de varios alumnos e mestres que decidiron investigar e afondar nas raíces dos seus apelidos, ata identificar a cada un cunha árbore, tal e como facían os celtas séculos atrás que, deste xeito, pretendían honrar á natureza.

Con esta base hai 12 anos, asignábase a cada alumno do centro unha das 21 árbores sagradas dos celtas, atendendo ao día e mes do seu nacemento, e incluso realizaron unha plantación das mesmas.

Durante estes anos, estes exemplares fóronse coidando, tarefas que asumiron os estudantes do Castro da Uz que tamén, o pasado curso, completaron o seu traballo realizando un estudo de cada unha, co seu nome popular e científico e as súas características.

Xa este curso optábase por identificar cada árbore cun autor da literatura galega, de aí que teñamos o castiñeiro de Tucho Calvo, o amieiro de María Mariño, a abeleira de Helena Villar Janeiro, a figueira de Lino Braxe ou o freixo de Ramón Cabanillas, entre outras moitas especies e autores.

De feito, cada exemplar conta co seu autor e un poema propio que poderemos coñecer neste acto de inauguración que está programado para as 11.20 h. da mañá, do vindeiro día 18. Ademais da comunidade educativa do centro, tamén se contará coa presenza dalgúns dos escritores que teñen a súa propia árbore no Castro da Uz, de aí que ata As Pontes se despracen Helena Villar Janeiro, Miro Villar, Lino Braxe, Tucho Calvo, Manuel Rivas, María Lado ou Francisco Castro para compartir este especial momento natural e literario con alumnos e mestres do centro pontés.

 

Alameda literaria das árbores celtas

Abeleira: Helena Villar Janeiro.

Álamo: Eduardo Pondal.

Abeto: Celso Emilio Ferreiro.

Amieiro: María Mariño.

Bidueira: Argalleiros E Argalleiras Das Letras.

Castiñeiro: Tucho Calvo.

Carballo: Miro Villar.

Cedro: Lois Pereiro.

Ciprés: A.D. Rodríguez Castelao.

Figueira: Lino Braxe.

Faia: Álvaro Cunqueiro.

Freixo: Ramón Cabanillas.

Maceira: Fran Alonso.

Oliveira: Celestino Fernández De La Vega.

Nogueira: Manuel Rivas.

Olmo: Uxío Novoneyra.

Piñeiro: Rosalía De Castro.

Salgueiro: Eduardo Blanco Amor.

Pradairo: María Lado.

Sorbeira: Francisco Castro.

Tileiro: Manuel Curros Enríquez.

 

 

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati