Print this page

A Ponte das Verbas homenaxea en Pontedeume a literatura infantil e xuvenil

Rate this item
(0 votes)

O Concello de Pontedeume acollerá, entre hoxe luns e o 22 de decembro, o programa 'A Ponte das Verbas', una iniciativa que pretende homenaxear o acervo cultural galego a través dunha exaltación da súa literatura infanto-xuvenil.

Sobre o programa, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, a concelleira de Cultura eumesa, Ángela Piñeiro, destacou que "Pontedeume será un gran escenario das letras galegas onde escritores, obras e público compartan espazo; onde as historias dos libros tomen forma e as palabras voz, recuperando o pracer de ler entre os nenos e nenas", afirmou.

O programa centrarase nas obras en seis Premios Nacionais de Literatura Infantil e Xuvenil en lingua galega (Paco Martín por Das cousas de Ramón Lamote; Xabier Docampo por Cando petan na porta pola noite; Fina Casalderrey por O misterio dos fillos de Lúa; Agustín Fernández por O único que queda é o amor; Ledicia Costas por Escarlatina, a cociñeira defunta, e Antonio García por Poemar o Mar).

Durante un mes, haberá encontros cos autores vivos nos centros de secundaria de Pontedeume, realización de murais inspirados nas obras premiadas, obradoiros, un área de xogo infantil e outras actividades na biblioteca municipal. Tamén un homenaxe aos escritores finados Agustín Fernández Paz e Xabier Docampo.

Con esta ponte de verbas, a Deputación da Coruña e o Concello de Pontedeume queren que os máis pequenos coñezan e valoren os autores dese mundo de fantasía, que interactúen con eles e que poidan preguntarlle ás escritoras e escritores pola súa obra ou proceso creativo.