Print this page

A novela Iridium, de Francisco Castro, entra na lista IBBY como un dos mellores libros sobre o tratamento da discapacidade

Rate this item
(1 Vote)
Francisco Castro e Iridium Francisco Castro e Iridium Foto: Facebook autor

A novela Iridium (Galaxia) de Francisco Castro, vén de ser incluída na prestixiosa Lista IBBY de Oslo que recoñece, bianualmente, os mellores libros do mundo no tratamento da discapacidade.

Ademais de incluír o libro no Catálogo do Centro IBBY de Documentación para Nenos con Dificultades Especiais (Outstanding International Books List) implica que o libro estará exposto na vindeira Feira do Libro de Boloña (Italia) e que estará en distintas exposicións itinerantes por todo o mundo.

O Centro IBBY de Documentación para Nenos con Dificultades Especiais foi creado en 1985 no Norwegian Institute for Special Education da Universidade de Oslo e ofrece servizos de información, consulta e documentación sobre esta temática. Grazas aos seus proxectos internacionais, que contan co apoio de Unesco, a institución posúe unha gran colección de libros para nenos e mozos e tamén para adultos con dificultades de linguaxe e de lectura.

Iridium conta a historia de Iris, unha rapaza que cursa primeiro de bacharelato e que, coma tantas e tantos do seu tempo, quere vivir a vida con intensidade. Pero Iris ten, ademais, unha discapacidade froito dun accidente de tráfico que lle deixa secuelas importantes. É unha raíña do Instagram, onde ten milleiros de seguidores en todo o mundo. Seareiros que ignoran o que lle pasa e que se o soubesen igual non a quererían tanto. É, pois, unha novela de denuncia da hipocrisía de moitos “normais” que desprezan a todas e a todos os que son.