Print this page

A mellor LIX do 2011 nun catálogo elaborado por Gálix e Cultura

Rate this item
(0 votes)

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia presentaron un volume que recolle a produción editorial galega para os lectores máis novos publicada en 2011. Trátase de Galician Books for Children and Young Adults 2012, un catálogo trilingüe redactado en galego, castelán e inglés. Nel inclúense un total de 118 títulos de diversas editoriais, que se acompañan de cadansúa sinopse e de información sobre o escritor e o ilustrador da obra, xunto coa imaxe da capa.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o presidente de Gálix, Francisco Castro, presentaron a obra o pasado martes 13 na biblioteca nodal de Pontevedra, cidade que acolle estes días a celebración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Segundo definiu o responsable de Cultura, o catálogo é “unha ferramenta básica para facilitar as relacións no ámbito galego e internacional dos axentes da industria do libro”.

Con este fin, a edición da obra está dirixida principalmente á súa distribución na Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, que vai ter lugar a vindeira semana en Italia e que constitúe o referente profesional a nivel internacional da edición infantil e xuvenil.

Additional Info