Print this page

A mediación lectora centrará a IV Xornada 'Desfacendo a raia' que organiza Gálix

Rate this item
(0 votes)

A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo acolle o vindeiro luns 3 de febreiro as IV Xornadas Desfacendo a raia, que promove a Asociación do Libro Infantil e Xuvenil de Galicia (Gálix) coa colaboración da Universidade e que neste 2020 terán como eixo temático a mediación lectora.

Abertas á cidadanía, estas xornadas ábrense co relatorio da integrante da asesoría de bibliotecas escolares do goberno galego María José Pousa, e contarán tamén coas intervencións da mestra Chus Nuñez e da representante da asociación Espazo Lectura Beatriz Fernández.

Pola tarde, as xornadas completaranse co obradoiro Versos de aplicación instantánea, que a partir das 19.00 horas, impartirá na sede da Vicerreitoría do campus o poeta e profesor Carlos Negro.

 

Programa

(Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Campus de Pontevedra)

11.00 h. Inauguración. Con Xosé Antón Perozo, Presidente de Gálix; e Vicente Romo, Decano da Facultade de CCEeD.

11.15 h. Mª José Pousa Rodríguez "A biblioteca escolar. Un recurso imprescindible".

12.15 h. Pausa.

12.30 h. Beatriz Núñez "Espazo Lectura. Construtora de afectos literarios" e Chus Fernández Mediación lectora da LIX galega".

14.15-14.45 h. Posta en común.

Casa das Campás. Rúa de Don Filiberto, 9 (Pontevedra)

19.00 h.-20.00 h. Carlos Negro "Versos de aplicación instantánea (as aulas como lugares poéticos)".

 

Entrada de balde. Non é necesario inscrición previa.