Ata o vindeiro 12 de febreiro a libraría Libros para Soñar da Coruña acolle unha ampla mostra de ilustracións, esculturas e libros ilustrados por Óscar Villán, gañador no 1999 do 1º Premio Nacional de Ilustración polo seu labor en O coelliño branco (Kalandraka). Óscar Villán expón nesta exposición diversos traballos da súa autoría.
Tamén o escaparate de Libros para Soñar presenta un aspecto diferente, cunha instalación artística inspirada en O coelliño branco na que non falta ningún detalle: a casa do coelliño e a figura do protagonista, a horta e mesmo as coles coas que fai o seu caldiño.