Print this page

A Ferega-CECA entrega os Premios Frei Martín Sarmiento

Rate this item
(2 votes)

A Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, acolleu o pasado venres a entrega dos Premios Frei Martín Sarmiento que convocan a Federación Española de Relixiosos do Ensino de Galicia – Centros Católicos (Ferega-Ceca) nas diferentes categorías.

Os gañadores foron:

1º e 2º de educación primaria. A burra Ramona (Baía) de Paula Carballeira e ilustracións de Xosé Tomás.

3º e 4º de primaria. As aventuras de Enrico Müller (Rodeira) de Xabier Frías e ilustracións de Enrique Carballeira.

5º e 6º de primaria. Todos os soños (Tambre) de Xabier Estévez e ilustracións de Marcos Viso.

1º e 2º de ESO. O veleno da risa (Xerais) de Santiago Jaureguízar.

3º e 4º de ESO. A neve interminable (Xerais) de Agustín Fernández Paz.

Bacharelato e adultos. Tes ata as dez (Galaxia) de Francisco Castro.

Ferega-Ceca vén impulsando desde hai anos estes premios literarios. O Premio Frei Martín Sarmiento é unha actividade de animación á lectura en lingua galega mediante a cal propoñemos unha serie de libros finalistas en diferentes categorías dende Educación Infantil ata Bacharelato que os alumos len ao longo do curso e emiten as súas valoracións para elixir o libro gañador en cada unha das diferentes categorías