Print this page

22 bibliotecas galegas premiadas nos María Moliner

Rate this item
(0 votes)

Un total de 22 bibliotecas galegas foron premiadas na XVII Campaña de Animación á Lectura María Moliner, convocada por el Ministerio de Educación, Cultura e Deporte do goberno do estado español, a FEMP e a Fundación Coca-Cola.

Os proxectos presentados polas bibliotecas foron escollidos entre los 605 presentados á edición deste ano, dos cales, a Comisión de Valoración seleccionou os 300 mellores programas de promoción da lectura, cuxas bibliotecas recibirán en forma de premio un lote de 150 títulos.

O proceso de selección levouse a cabo mediante a análise dunha serie de criterios, puntuando cada un deles. Tense en conta a claridade e interese do proxecto para a animación lectora, a boa planificación e viabilidade, así como a orixinalidade e a inmersión en novas tecnoloxías que conteña a proposta.

As bibliotecas premiadas foron: Ares, Bergondo, Carballo, Culleredo, Miño, Oleiros, Ortigueira, Rianxo, Sada, O Saviñao, Sober, Xermade, Pereiro de Aguiar, Verín, O Grove, A Guarda, Moaña, Mos, O Porriño, Redondela, Soutomaior e Vilagarcía de Arousa.