Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

O segredo de Marco Polo (Galaxia) de Francisco Castro

Rate this item
(2 votes)

Pouco importa que sexamos sólidos ou espectrais. Dá o mesmo. Venecia toda é unha pantasma. O escritor mexicano Carlos Fuentes deixou escritas estas palabras tras unha visita á cidade das canles. Francisco Castro preséntanos en O segredo de Marco Polo a historia de Marco, un soldado da Venecia do século XIII que camiña coma un espectro por esa cidade que aos seus ollos se alza como unha pantasma. Dominado pola tiranía do pai, a súa vida virará de súpeto cando a ilusión e o amor se solidifican ao seu paso...

Unha magnífica novela para vivir, para soñar e para viaxar.



 

Tras o éxito o pasado ano do seu libro Chamádeme Simbad chega agora ás librarías a novela O segredo de Marco Polo coa que, unha vez máis, consegue engaiolar ao lector dende as primeiras páxinas.

Eu non son quen de dicir se o libro consegue chegar ou non á xente. Ata o de agora teño constancia de dous tipos de opinións que me transmitiron de xeito xeneralizado algunhas das persoas que leron o texto: unha sería que está moi ben reconstruída a viaxe de Marco Polo, que pola miña parte era un dos retos marcados, o poder transmitir ao lectorado mozo como foi esa viaxe; e o segundo comentario que escoito é que a novela turra moito de interese, que unha vez que empezas tes que ir dun capítulo ao seguinte.

Como comprenderás eu estou encantado.

 

Que o que lle atraía da figura de Marco Polo e desa Venecia do século XIII para situar a novela nese marco físico e histórico?

A localización xeográfica e temporal é totalmente intencionada. A novela nace un pouco de casualidade, tras ver nunha revista de historia unha reportaxe sobre Marco Polo. Eu escandalízome ao ler que Marco Polo, despois de facer a súa viaxe de todos eses anos, retorna e ninguén cre as súas historias. Como aparece na novela, el era chamado ‘Il Milione’, xa que sempre estaba falando de que na China había millóns de persoas, millóns de barcos, millóns de moedas, etc. A min apetecíame facer un acto de xustiza poética: escribir unha novela onde Marco Polo puidera vivir unha última aventura da man dalguén que si lle cría as historias e ademais ía quedar prendido delas, que sería o outro Marco, o soldado.

E logo está Venecia, sobre a que todos os escritores nalgún ou noutro momento acabamos escribindo. É unha cidade -incluso hoxe- pechada, unha cidade marco, amurallada polo mar. Venecia é como as táboas dun escenario, un lugar onde sempre ten que pasar algo novelesco.

 

Como en libros anteriores, e especialmente en As palabras da néboa, aparece a busca e o anhelo de liberdade, o rachar cos piares da moral arquetípica occidental: o amor entre persoas de diferentes clases sociais, o despotismo paterno, a rebelión contra o poder establecido...

É a miña teima. Son cousas que aparecen deseguido no meu blogue, nos artigos que asino para prensa… Cando escribimos amosamos as nosas fobias e as nosas filias, as cousas que nos preocupan deste mundo e a forma en que queremos velas. Teño para min que todos os artistas temos que nos posicionar fronte a vida e especialmente a través da arte. Eu creo que a literatura é política, polo tanto vexo normal que esas cuestións estean reflectidas aí.

 

A liña mestra que desenvolve a trama de O segredo de Marco Polo é o amor: o amor de Marco cara Naia, o amor do Primo Xeneral e Marco Polo para Nicoletta. Como escribiu Jean de La Fontaine, o amor é o factor dominante sobre todas as cousas.

Din polo mundo adiante que o motor é a economía; por suposto que eu non o vexo así. Eu sempre digo que as grandes novelas son novelas de amor, que os grandes poemas son poemas de amor. Moitos dos acontecementos históricos debéronse ao amor. O amor é un dos grandes elementos revolucionarios que temos. Cando un está namorado ten dentro del unha forza que lle axuda a facer a revolución, a cambiar o mundo, tense o espírito máis preparado para desenvolver actos heroicos.

 

Outorga voz aos personaxes do pobo, eses que teñen unha historia non sobresaínte e que non nos legaron os libros, o que Miguel de Unamuno denominaba ‘Intrahistoria’. Comentaba antes que a literatura é política. Considera que existe cara a súa figura como escritor unha situación de ‘compromiso’?

A literatura fala sempre dos temas de actualidade. Aínda que por exemplo eu estea escribindo sobre a prehistoria o que conte terá moito que ver coa realidade. Polo tanto, a literatura é compromiso co meu tempo.

 

Fálenos do personaxe de Marco, ese soldado novo subxugado polo férreo control paterno, que vive un espertar á vida. Un rapaz que a única estrela que o guía é a da consecución dos seus soños.

Marco é un personaxe que no fondo segue a ser un adolescente, aínda que sexa un home feito e dereito, pero segue crendo no poder do amor e dos soños. Marco ten a fortuna de atopar un home que materializou o soño de viaxar. El vive unha vida perfectamente deseñada polo seu pai como adoitaba e adoita ser. Hoxe en día, calquera persoa que verbalice a consecución dun soño, que queira atreverse a exercer a súa liberdade soe estar bastante mal visto. Por iso na literatura podemos darlles voz e facer que cumpran os seus soños.

 

As personaxes femininas dos teus libros son independentes, intelixentes e cunha forte personalidade, e máis falando das épocas onde as sitúas. Se en As palabras da néboa estaba a figura poderosa de Isabel, en O segredo de Marco Polo vemos á principessa Naia ou incluso á Buffana. Isto é algo premeditado ou cobran vida de seu segundo vai avanzando a novela?

Todo é premeditado aínda que un non o premedite. Quero dicir, o que comentas está no meu subconsciente e acaba brotando dalgún xeito. Eu creo que determinados tipos de frases e determinados tipos de cambios postos na boca dunha muller son aínda máis poderosos que ditas por un personaxe masculino. Malia parecer incrible, iso pasa incluso hoxe.

Son novelas de busca e de liberdade e quería que as mulleres protagonizaran ese papel. En As palabras da néboa é moito máis consciente, nesa novela necesitaba unha voz de muller que fora capaz de engaiolar a todo un pobo. En O segredo de Marco Polo a principessa Naia foi collendo forza segundo foi avanzando a novela.

 

Pouco a pouco vaise perdendo esa voz do narrador, ese alter ego de Francisco Castro que sae das páxinas do libro e bisba ao lector ao oído.

Iso que comentas tamén se perdía en Chamádeme Simbad. Spam, Xeración perdida ou As palabras da néboa son novelas destinadas a un público adulto e son máis experimentais. Si que hai un narrador cunha voz moi forte e onde non pretendo disimular que é a voz do propio autor. Sen embargo, cando escribo para un público que está en formación lectora si é verdade que adopto unha posición máis conservadora e procuro que toda esa transmisión de ideas nazan da propia historia. En Spam buscaba unha crítica dura contra o sistema de control que teñen argallados os estados para anular a liberdade da xente. Neste libro iso mesmo reflíctese na protesta de Marco contra as obrigas que lle impón o seu pai. No fondo é o mesmo discurso pero dirixido a diferentes públicos. 


 

Santiago de Compostela, Setembro do 2010

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Entrevista >

Axenda LIX >