Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

O cullarapo Croque (APVDSA) de M.A. Alonso Diz e Luz Beloso

Rate this item
(19 votes)

O escritor e psicólogo austríaco Bruno Bettelheim manifestaba que no eido literario infantil non había cousa máis enriquecedora que os vellos contos populares; os cales, tras moitos anos de evolución, trasladan aos nenos diferentes valores máis ou menos evidentes.

Lembremos agora esa transmisión secular e a súa manifestación tanto oral como musical, porque estamos ante un auténtico herdeiro desa tradición. Miguel Ángel Alonso Diz preséntanos neste O cullarapo Croque (A Porta Verde do Sétimo Andar) un libro de poemas onde, a pesares de poder ser recitados ou cantados, naceron para ser transmitidos. O lúdico dos poemas de Croque non esconden o que este forxador de versos quere e logra transmitir, debullador do seu tempo, sementador do futuro.

Os versos de Alonso Díz están acompañados das ilustracións altamente visuais de Luz Beloso, que flúen como ríos de cor polas páxinas deste álbum. Moito ollo con esta ilustradora, porque estamos seguros de que dará moito que falar no futuro.

 

 


 

 

Fervenzas Literarias: O cullarapo Croque ten unha orixe moi particular. Amais de ser o seu primeiro libro a nivel individual, tamén pasa por ser o primeiro que se edita en galego baixo iniciativa crowfunding.

Miguel Ángel Alonso Diz (MAAD): No 2009 nace miña filla e ata esa data eu non escribira nada para o público infantil. O cullarapo Croque xurde da necesidade de comunicarme con ela, de trasladarlle certos valores e de facelo no noso idioma. Tamén xurde froito dun proceso de reflexión sobre o noso momento e as nosas circunstancias sociais.

E por que crowfunding? Foi  sinxelamente por unha cuestión económica. Creo que O cullarapo Croque é un libro moi ben editado, dunha calidade máis que aceptable, e iso para A Porta Verde do Sétimo Andar supuña un gran custo económico.

Queríamos quedar satisfeitos co resultado. Para min a ilustración é algo fundamental na poesía infantil, pero encarece o prezo final do libro.

Como experiencia persoal foi moi enriquecedor participar en todas as fases de creación do libro para, finalmente, enfrontarse ao lector cara a cara, no senso de ir levarlle eu, nalgúns casos, o libro.

A principal eiva que nos atopamos co tema de crowfunding foi o descoñecemento por parte dalgunha xente sobre este tipo de iniciativas, o ter que pagar a través de internet. Maila todo dende  A Porta Verde quedamos contentos co resultado e eu particularmente non tería ningún problema en recuncar. Foi unha experiencia da que aprendín moito en todos os sentidos. Grazas a ela tiven a oportunidade de coñecer a persoas marabillosas, ás que estamos eternamente agradecidos polo seu apoio nos comezos e agora.


Se para Miguel Ángel é o primeiro libro infantil que publica, para Luz Beloso, que ven traballando estes  últimos anos no eido da pintura, O cullarapo Croque é igualmente a súa primeira aproximación á literatura infantil e ao álbum ilustrado.

Luz Beloso (LB): A pintura e a ilustración teñen un tronco común, son moi similares , como diferenzas encontro que a pintura é máis libre, persoal, máis intima. A ilustración interpreta unha idea concreta, un texto, unha mensaxe,  tratase de recrear unha idea propia  ou allea...

En canto á miña aproximación ao campo da ilustración , se ben este non sería o meu primeiro traballo si é, sen embargo, a primeira vez que realizo un álbum ilustrado. Para min esta é  unha fantástica oportunidade para seguir aprendendo.


Con que técnicas traballou vostede neste O cullarapo Croque?

LB: As miñas técnicas mais utilizadas son mixtas, unha mestura de ilustración dixital con  grafito  e acrílico.


Os nenos están máis habituados a escoitar contos que poesía. É doado escribir versos para un público sumo esixente?

MAAD: Alfonso Láuzara preguntoume nunha ocasión se eu era consciente da miña predisposición natural cara a poesía infantil. Non sei se é doado ou non escribir versos para nenos; eu pódoche dicir que no meu caso a poesía flúe dun xeito moi natural. Eu comecei a escribir poesía para nenos cando naceu a miña filla, e da necesidade de lle explicar determinadas cousas xurde todo. Logo chegamos ao proceso da escrita, de ourive, de pulir os versos e traballar as palabras. E iso é unha tarefa moi esixente que aprendín de Mª do Carme Kruckenberg.  Hai que ser respectuoso e honesto co oficio e cos nenos. Son máis intelixentes do que a xente pensa. Eu non gusto desa poesía infantil que se queda no superficial, con rimas doadas e versos sen fondo. Non ten sentido. Eu busco atrapar o neno, engaiolalo a través desa musicalidade que el ten tan ben aprendida a través das cancións de berce e as cantigas. Eu son moi partidario de vincular música e poesía, aspecto fundamental para achegar certas cousas aos rapaces.


E ilustrar para eles?

LB: Supoño que se un non perde esa parte de neno que todo artista debe ter dentro, non é difícil. Iso máis o entusiasmo necesario para crear, xunto con esa actitude de estar en continua aprendizaxe á que facía referencia anteriormente.

 

Contado dun xeito lúdico e emotivo, O cullarapo Croque contén historias que motivan ao neno a investigar e comprender o que non entende.

MAAD: O libro ten varias lecturas. Todos os animais cambian ao longo do libro, hai unha transmutación constante. Nós -como di Xosé Neira Vilas- cambiamos, non somos os mesmos. Cambiamos incluso ao longo do día. Evidentemente eu tamén cambio, non quero quedar estratificado co paso do tempo. Quero aprender no meu proxecto vital, desenvolverme como persoa, procurando ir cara mellor, e os animais que aparecen no libro tamén cambian.  No libro a morte non é o fin, se non un cambio máis.

No caso do gato Pío Pío, que realmente non é un gato senón un paxaro, nos encontros cos nenos eles dinme de todo, que é un marciano, que é un mutante, un gato voador… Encántame, que Pío Pío sexa o que eles queiran, que utilicen a imaxinación. Pero, nalgunhas ocasións, cando leo o poema, mándolles pechar os ollos e cambio algunha palabra. Que eles vexan que en realidade é un paxaro. Aínda que avalío positivamente que sexan imaxinativos quero que comprendan a mensaxe que hai de fondo: que a verdade as veces para atopala tes que escaravellar, porque pode que estea detrás do que é superficial.

A lenda da fraga é un canto a prol das linguas minoritarias, de todas. Na ra namorada do crocodilo falo do maltrato. A miña filla preguntoume por que o crocodilo tiña o dente moi fino, e díxenlle que era porque quería mancar á ra. E que ela non quixo estar co crocodilo por iso. Non é só maltrato físico, senón tamén psicolóxico. Son ensinanzas que se miña filla é capaz de comprendelas con tres anos teño e temos moito gañado.


Miguel Ángel ven de falar sobre as súas preocupacións, os valores que quere transmitir aos receptores da súa poesía. O ilustrador debe, do mesmo xeito,  “espirse” emocional e artisticamente?

LB: Cando un ilustrador intervén nun texto,  nunha primeira fase debe sentir como propios eses textos. Dalgunha forma teñen que atrapalo e entusiasmarse con eles. Eu polo menos son incapaz de crear algo novo sen motivación; sen iso non temos creación, os poemas de Miguel Ángel  transmiten valores e enriquecen a alma.


Soidade, incomprensión, lingua. Velaquí un deses libros cun dobre lectura. Inquedanzas e preocupacións para transmitir aos cativos.

MAAD: Entre as miñas referencias literarias están os libros de Leo Leonni, o Principiño, o Momo de Michael Ende … Son libros que che gustan cando os les de neno. Eu agora conto eses libros a miña filla e decátaste da profundidade coa que escriben eses autores. Eu busco precisamente iso. Penso que é obriga dos escritores non quedarnos só no lúdico ou no estético, senón transmitir, afondar nos temas.  As lecturas que fan agora formarán parte desas nenas e nenos no futuro.  Son o alimento da súa alma.

O cullarapo Croque é un libro escrito para os nenos, para que o gocen os nenos, pero tamén para que sexan os país quen lles lean os poemas aos fillos.

 

Luz, utiliza vostede  para engaiolar aos nenos ilustracións dun gran impacto colorista, dunha enorme forza e expresividade, onde a mirada, os ollos, protagonizan as ilustracións. Que buscas explicar a través deles?

LB: Sinceramente sorprendeume que lles chamase a atención os ollos ás nenas e aos nenos, supoño que o único que pretendo é darlles máis vida aos meus personaxes.


Os poemas que nos traslada o cullarapo Croque teñen moito de transmisión oral e xeracional, como el mesmo di contra o final do libro «agardo que miña mai conte novos poemas cos que agasallarvos ». Que importancia ten esa transmisión oral de avós ou pais aos nenos e que parece que se está a perder nestes últimos anos?

MAAD: Eu escribín un libro de poesía para adultos, non publicado, onde reflexionaba sobre o idioma. Precisamente ese libro falaba da perda de vínculos entre pais e fillos, que comeza a darse no propio berce. Para min é principal o feito de que os pais compartan espazos e experiencias. Cando un pai ou unha nai, un avó ou unha avoa,  dime que compartiu a lectura de O cullarapo Croque cos fillos ou netos para min é fermosísimo. Velaí un dos obxectivos deste libro, unir pais e fillos nese momento máxico de lectura compartida. E de facelo en galego, feito que se está perdendo; xa que o idioma está a emigrar dos berces cara  outros eidos máis institucionais, litúrxicos. Isto representa unha primeira morte do noso idioma. É tráxico.


Como é o proceso da escrita para nenos? Sería retrotraerse á infancia do poeta, recuperar as emocións sentidas por un canda neno; ou sería, pola contra, crear fíos que conecten co seu mundo?

MAAD: Eu teño a sorte de contar con miña nena na casa; tela foi un espertar. Agora teño unha curiosidade voraz por todo. Comparto con ela a capacidade de sorpresa, de non ter prexuízos sobre nada, de querer coñecer todo.

Quero comunicarme con ela pero coa finalidade de poder compartilo con todos os nenos. A raíz do seu nacemento vivín un proceso de reflexión sobre a realidade actual e medrou en min a necesidade de  incidir na realidade, e o mellor sitio para cambiar condutas  está nos nenos. Escribo para eles ollando cara os adultos. Eu creo que o sitio onde teño que traballar é nese eido, xa que é boa terra na que sementar, libre de moitos prexuízos.

Eu non me retrotraio á miña infancia, senón que procuro estar e vivir no meu tempo, ollando cara o futuro. Quero axudar a construír outros mundos.


Participou vostede en encontros con nenas e nenos falando sobre Croque. Cal foi a aceptación dos máis pequenos respecto a este álbum ilustrado?

MAAD: Algo impresionante. Para min era a primeira vez que me “enfrontaba” a unha situación deste tipo e sorprendeume a súa resposta tan positiva. Encantoume que participasen, que preguntasen tanto; unha nena achegóuseme nun colexio e díxome “gústame o que fas, porque dis cousas”, cando unha cativa de non máis de cinco anos te di iso ficas pampo.

Creo que é unha obriga nosa facer cousas que sexan válidas. Nunha charla que fun impartir en Montealto, na Coruña, a futuros profesionais da educación infantil, comentáballes: “O voso labor é fundamental.  Eu como escritor asumo o meu compromiso de crear literatura que pague a pena, pero vos tedes o compromiso de dar cousas que tamén paguen a pena aos nenos”. Escritores, mestres, libreiros, bibliotecarios … formamos parte dunha cadea., e se un elo rompe cáese todo.


O cullarapo Croque uniu unha nova parella artística. Veremos novas entregas escritas por Miguel Ángel e ilustradas por Luz?

MAAD: Nestes intres temos dous proxectos conxuntos: un de poesía e outro de relato. Luz é profesora nun IES de Moaña e faláronme dela por vez primeira nunha homenaxe que se lle tributou a Lois Pereiro. Cando empecei co Cullarapo estiven mirando traballos de ilustradores e lembreime dela. Iria Collazo púxonos en contacto, mostreille os textos e conxeniamos axiña.

Os dous partillamos a mesma visión de traballo, polo que é moi doado construír cousas con ela. O meu desexo é que fagamos moitos libros xuntos. Luz ademais de ser un gran ilustradora é unha das mellores persoas que coñezo. Son moi afortunado por tela ao meu carón.

LB: Este é o meu primeiro conto ilustrado, é algo que quería facer. Desde sempre  gustoume a ilustración infantil e admiro profundamente a algúns ilustradores  de contos, aos que considero grandes artistas. Sinceramente creo que os nenos son os mellores críticos que un pode ter.

E si, a parella artística Miguel - Luz , está chea de  proxectos, compartimos a mesma visión e entendemos que é necesario sempre transmitir valores. Se Momo e O Principiño son os nosos libros favoritos que máis  podo dicir...


 

Vigo, Setembro, 2012

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Media

Buscar en Entrevista >

Axenda LIX >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!