Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Cerca (Kalandraka) de Natalia Colombo

Rate this item
(2 votes)

Natalia Colombo voou desde Arxentina ata Galicia e demostronuos o Cerca que estamos. Gañadora do I Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados a escritora e ilustradora porteña cóntanos unha historia sobre a incomunicación e a soidade, o cerca que estamos pero sen embargo o lonxe que nos atopamos ás veces.

Cerca (Kalandraka) é un álbum de 36 páxinas pero ao pechalo a historia e as posibles situacións continúan e ramifícanse na imaxinación de todos os lectores.



 

Como nace a idea o cal foi o xermolo de Cerca?

Poderíase dicir que nace casualmente nun exercicio de creación de personaxes. En primeiro lugar xorde o pato e posteriormente o coello. Unha vez creados ámbolos dous busquei ir máis alá e é entón cando principia a cruzarse o tema da soidade, do individualismo,. e de todo ese conxunto nace Cerca.


Cerca vai ter unha tirada de vinte mil exemplares en oito linguas, unha publicación a nivel internacional, presentarase nas Feiras do Libro máis importantes. Espera que con este galardón se lle abran as portas ao mercado español e europeo do resto das obras que ten publicadas en Arxentina ou de Natalia Colombo como autora e ilustradora?

Gustaríame que si. Non é que pense agora que se me van abrir todas as portas de repente pero é verdade que este premio xa é un primeiro gran paso. Estou moi contenta con todo isto que me está pasando. Cerca foi un traballo que fixen para min sen que mo pedira ninguén e chegar ata aquí é algo incrible. Nestes intres o que máis me interesa é seguir traballando e facendo cousas.Todo o bo que veña despois benvido sexa.


O xurado do I Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados considerou Cerca como unha fábula sobre a incomunicación. Cre vostede que este é un problema que estamos padecendo a nivel internacional, ou polo menos na chamada cultura occidental, especialmente entre os máis novos?

Si, iso é verdade.Pero tamén é certo que á xente moza hai que lles xerar novos espazos para eles. É normal que utilicen as novas tecnoloxías para comunicarse como o Messenger, os chats, etc. O verdadeiramente importante é que usen eses espazos para comunicarse, aínda que sexa doutro xeito. Non creo que por utilizalos se vaia perder a linguaxe ou que cadaquén vaia estar polo seu lado.

Eu utilizo normalmente o ordenador pero cando me apetece fago cousas sen el, como debuxar con acrílicos, pintar, ensuciarme as mans. E cada persoa vai facer iso.  Eu podo estar todo o día enviando mensaxes polo móbil pero logo séntome nun bar para falar realmente.


En Cerca invitas, como no filme de Jean-Pierre Jeunet, Amelie, a gozar das pequenas cousas da vida.

Eu creo que o máis sinxelo é o que a un lle queda, eses pequenos momentos como ir ao parque, andar en bicicleta. Eu por exemplo, que acabo de gañar este premio, e estou gozándoo moitísimo, son consciente de que é unha sensación que vou vivir só unha vez cada ano ou pode que só unha vez na vida. Prefiro gozar do simple, o que é válido e o que tes ao alcance da man.


Para os que somos profanos en técnicas, estilos ou programas de ilustración. Poderías explicarnos como son as ilustracións de Cerca?

Para Cerca o primeiro que utilicei foi unha base branca, chamada gesso, co que se consigue unha textura para que non quede a folla plana. Logo está pintada con acrílico, co cal queda máis marcada a pincelada, con máis relieve. O que é a tipografía está cortada con papeis, escribindo sobre eles, xogando un pouco e facéndoa moi divertida.


Nos seus traballos de ilustración busca unha evolución, utilizar novas técnicas, estilos, etc. ou prefire afianzar a súa proposta, é dicir, crear unha marca propia que lle identifique?

Pois teño unha dúbida con respecto a iso. Comezo a traballar cun estilo, e estou un tempo con el pero chega un momento en que me aburro un pouco e necesito cambiar. De todos os xeitos a forma de expresión é sempre a mesma, o que máis varía son as técnicas. Nos meus traballos creo que se me recoñece pola forma dos personaxes, as súas caras, polo deformes, polos seus problemas. creo que nese senso salta que eu son a autora.

Por outra parte sempre gusto de probar cousas novas e por iso asisto a talleres de ilustración. Como exemplo pódoche dicir que comecei a traballar en Cerca no taller de Claudia Legnazzi, unha autora arxentina de longa traxectoria.


Cerca é o segundo libro onde o texto e as ilustracións son de seu. Prefire traballar sobre un texto xa escrito ou partir desde cero cunha historia creada por vostede mesma?

Gústame e paréceme moi interesante facer eu mesma o texto. Digo que me parece interesante porque podo manexalo, darlle máis ou menos a expresión que quero. pero ás veces síntome limitada. Fago textos pero tampouco quero dicir con iso que sexa escritora. Ás veces gustaríame atopar a outra persoa que realizase os textos, xa que considero que podería ser moi interesante interactuar, habería máis posibilidades para facer outras cousas. Non me pecho a facer eu todo.


Qué tal se levan a Natalia Colombo autora e a Natalia Colombo ilustradora?

Lévanse ben. Están moi contentas co que fan. Cando me sae un texto de xeito natural como o de Cerca póñome moi contenta porque acompaña perfectamente a unhas ilustracións que xa tiña feitas. Pero como dicía antes, estou aberta para traballar conxuntamente con outra autora ou escritora.


Nalgunha ocasión tivo a oportunidade de ver as reaccións dos cativos ante o seu traballo?

Si si, antes de vir aquí fixen unha exposición con moitos dos meus traballos e puiden comprobar como entre o público máis cativo vían algunhas cousas que lles parecían divertidas. Algún animal así como medio raro, algún bicho estraño. encantábanlles, gustábanlles as cores. Os rapaces decátanse de cousas que ao mellor un adulto non é capaz de identificar.


Cando un autor escribe ou ilustra para o público infantil, debe ver a un neno ou como un neno?

Teño para min que o que ha de facer é expresarse. Non creo que teña que pensar que está escribindo para un neno senón expresar e definir unha historia, ou algo que está pasando e tratar de definila. Non tratar de actuar como un neno. Os cativos son máis intelixentes ca nós e danse conta cando un está finxindo ou quere facerse pasar por un deles. Persoalmente creo que é mellor cando un non trata de actuar.

 

 

 

Vigo, Outubro do 2008

Buscar en Entrevista >

Axenda LIX >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!