Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Bandada (Kalandraka) de David Álvarez e Julia Díaz

Rate this item
(3 votes)

Que facer cando o mundo que soñaches esborrallase? Que sucede cando somos prisioneiros de todo o que axudamos a levantar? Como comenta David Álvarez, en Bandada estamos ante unha parábola sobre un futuro mal entendido.

Dous autores novísimos, os mexicanos David Álvarez e Julia Díaz, gañaron o V premio internacional Compostela para álbums ilustrados con Bandada (Kalandraka), unha auténtica marabilla que engrandece aínda máis este premio, referente a nivel internacional segundo se desprende das altas cotas de participación.

A sobriedade do texto presentada polos autores de Bandada toma corpo nunhas ilustracións traballadas ata o máis mínimo detalle. O labor realizado no eido artístico por David e Julia merece unha análise pormenorizada e unha reflexión por cada unha das ilustracións que nos mostran, ofrecendo ao lector un traballo do que non é esaxerado afirmar que é un dos mellores álbums ilustrados publicados no ano pasado.

 


 

O premio Compostela é un dos más importantes se nos falamos de álbum ilustrado. Como exemplo este ano presentáronse traballos procedentes de 19 países. Aínda que a ilustración é unha linguaxe universal, das cinco edicións deste premio en catro foron para América. Qué pensades que chama a atención en Europa do traballo que se fai alén do Atlántico?

Julia: Xosé e Manuela, de Kalandraka editora, déronnos a que quizais sexa a resposta a túa pregunta. Eles comentábannos que a visión das cousas en América é fresca e diferente ao que se ve normalmente aquí. Explicaban que os libros que lles chegan dende España ou dende o resto de Europa ofrecen unha mirada que eles comparten; mentres que os procedentes de América amosan unha perspectiva totalmente nova respecto ao que se fai aquí. E vendo os resultados parece que gusta bastante.

David: Outro factor que pode influír é o impacto do libro ilustrado. Aquí en Europa tedes unha tradición que ven dende moitos anos atrás mentres que en México e en América o álbum ilustrado apenas está iniciando a súa andaina. De todos os xeitos, e polo que nos comentaron, Bandada non parece un libro feito en América. Non sei, quizabes pola temática ou pola cor empregada.

 

Os dous traballades como deseñadores gráficos. Nese senso rompedes co típico rol de parella artística escritor/ilustrador. Cómo foi o traballo de elaboración de Bandada?

 J: Os dous sentímonos dende sempre atraídos pola ilustración. A nosa formación non ten nada que ver con ese campo, xa que non se nos impartiron materias de ilustración; pero a pesares diso sempre nos gustou enfocar o noso traballo por esa área e principiamos a realizar estes traballos.

 D: Bandada nace de tres ilustracións que eu realizara tempo atrás. Como ven de dicir Julia, dese interese noso de traballar no mundo do libro, de ilustrar e de querer publicar, empregamos esas tres ilustracións para xerar unha historia, xa que pensamos que servían para ir un paso máis alá. Ideamos unha historia, desenvolvémola e démola un concepto de libro para poder completalo, tanto a nivel ilustrativo como narrativo.

 J: Foi un texto traballado entre os dous: eliximos como se dividiría a historia, o tema relacionado con cada unha das ilustracións, armamos o storyboard, bosquexamos os dous, escollemos as aves que ían aparecer e en que posición, buscamos referentes … Ese foi un traballo feito á par pero logo a realización de orixinais é de David.

 D: A concepción de todo o libro foi conxunta, escollendo os elementos que queríamos resaltar con Bandada. Unha vez solventado todo o que ven de comentar Julia, que foi o máis laborioso, o máis doado foi resolver a ilustración. Por moita técnica que un poida ter se non es capaz de darlle un concepto que impacte, por moi ben rematadas que estean as ilustracións, o lector non vai ser capaz de apreciar a profundidade das ilustracións.

 

A través de animais humanizados asistimos en Bandada a un auxe e caída do individualismo. O que nun comezo nace do racional acaba sendo destruído dende a irracionalidade.

 D: Un dos motivos polo que nace este libro é por mor desa inconformidade do ser humano fronte ao ser entorno, fronte á natureza e fronte a el mesmo. Eses tres conceptos estaban nas tres ilustracións das que te falaba antes. Nós enlazámolas e conformamos un cadro crítico co noso parecer ante esas cuestións.
 

Aparece en Bandada a contradición. Móstrase o inalcanzable como prólogo da derrota.

 J: Esa foi a intención das ilustracións, a de crear contrastes e metáforas co texto. É paradoxal que as aves creen unha casa moi cómoda cando en realidade son gaiolas. Simbolízase a privación da súa liberdade pero esta ven motivada por vontade propia, sen que ninguén lles obrigue. Eles son os que pechan as portas de cadansúa gaiola.

 D: Nunha presentación de Bandada comentabamos que sería desvincularse das orixes. Afastarse do primitivo, do máis natural e do que temos máis preto. Os personaxes que aparecen neste libro afástanse de todo iso e marchan cara o artificial, xeran un novo mundo, onde triúnfa un progreso moi mal entendido.

 

Canda as imaxes empregades un texto minimalista que, a pesar da súa brevidade, levan ao lector á reflexión.

J: O texto é minimalista porque nin David nin eu escribimos e tivemos moito coidado á hora de escoller as palabras.

D: De feito nunha primeira versión o texto era máis extenso. Traballamos cunha folla onde tiñamos explicitamente todo o que queríamos dicir, pero conforme avanzábamos nas diferentes fases de bosquexo, onde o texto e as ilustracións evolucionaban a un ritmo parello, as cousas foron coordinándose moito máis e o texto reduciuse pouco a pouco.

 

Que mensaxe buscades ou queredes transmitir ás nenas e aos nenos que se acheguen a este Bandada? Parece que o pouso que nos deixa a lectura deste álbum é unha reflexión que incide máis sobre “cara onde imos” que sobre “como imos”.

J: Para nós o máis importante neste libro foi transmitir a nosa visión das cousas. Cada un pode interpretalo como queira pero ao final, o pouso que deixa Bandada é unha mensaxe máis positiva que negativa. Aínda que o libro, segundo vai avanzando é máis pesimista, contra o final hai un físgoa de esperanza, sobre a que tanto David coma min quixemos apostar.

 

Gozamos en Bandada cunhas ilustracións coidadas ata o máis mínimo detalle, que desprenden unha enorme calidade. Como están desenvolvidas estas ilustracións?

D: Basicamente están feitas con grafito sobre un soporte de papel de algodón, de gramaxe groso.

J: Nun obradoiro que estivemos alá en México co ilustrador Gabriel Pacheco el sempre nos dicía que o concepto é máis importante ca técnica. Nós neste libro traballamos moito partindo desa base, e a base principal foi a fotografía. Nese sentido foi un traballo divertido e exhausto. David e eu temos moitas fotografías onde aparecemos ataviados e reproducindo as poses que logo terán as aves que aparecen en Bandada. As poses non son nada casual, se non que están estudadas ata o mínimo detalle. Unha vez analizadas David pasábaas a papel.

 


 

Santiago de Compostela. Decembro, 2012

Buscar en Entrevista >

Axenda LIX >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!