Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

A viaxe de Olaf (Kalandraka) de Martín León Barreto

Rate this item
(10 votes)

Sempre é unha ledicia, nos últimos anos, atoparse cun premio coas características do Compostela de álbum ilustrado. Un certame internacional que convoca dende hai xa catro anos a editorial pontevedresa Kalandraka e o concello de Santiago de Compostela. Deixando ao marxe todo o que supón como marca a promoción da capital galega nas feiras do libro máis importantes do mundo, ata onde chegan as obras premiadas, para os lectores é un auténtico agasallo ter ano tras ano as que sen dúbida son algunhas das mellores obras en canto a álbum ilustrado se producen. E non só é importante este premio por poder ter en Galicia eses álbums ilustrados, senón porque tamén axuda a descubrir novos valores, e un novo valor é o uruguaio Martín León Barreto, o gañador con A viaxe de Olaf do IV premio Compostela de álbum ilustrado. León Barreto, coñecido no eido editorial polo seu labor como deseñador gráfico, dá o salto e introdúcese neste traballo nunha máxica viaxe na que o lector verase transportado por Olaf e os seus fantásticos amigos; unha compañía a modo de bestiario que nos descobre a un ilustrador que dará moito de falar en datas vindeiras.




(Fervezas Literarias) A pesares de ser A viaxe de Olaf o seu primeiro libro, vostede non é novel no mundo da LIX, xa que ten unha ampla traxectoria no eido do deseño editorial. En que momento decide internarse no apartado creativo?

(Martín León Barreto) Sempre quixen entrar no mundo literario, e máis en concreto no álbum ilustrado. Como ben dis eu veño do mundo do deseño, onde a ilustración ten unha importancia grande; ademais, boa parte do meu traballo está destinado a un público infantil.

O que sempre necesitei para dar ese chimpo foi  tempo, e poderíamos dicir que en certa medida foi  “grazas” á crise económica polo que nace A viaxe de Olaf. A crise sacoume outras cousas pero deume ese tempo necesario para desenvolver este álbum ilustrado; aínda que esa necesidade de facer un traballo deste tipo viñera de tempo atrás.

 

a_viaxe_de_olaf1Que foi o que máis lle chocou, que temores xorden ao enfrontarse por vez primeira a un reto coma este?

O meu traballo basease fundamentalmente en traballos escolares, facendo as ilustracións de portadas e outros traballos para as editoriais. No caso de A viaxe de Olaf non tiña a certeza de si quería realmente publicalo. É verdade que quería facelo, pero non considerei máis alá de editar uns poucos exemplares para agasallar ao meu sobriño ou aos fillos dos meus amigos.

O que si me daba algo de temor era o texto. Eu non podo dicir que xa son escritor polo simple feito de escribir A viaxe de Olaf porque sería irrespectuoso pola miña parte. Eu son ilustrador, teño amigos escritores que escriben moi ben, pero para un público adulto. Nalgunha ocasión falamos de facer algo xuntos destinado a un público infantil pero nunca pasamos de aí, por iso decidín  finalmente facer por min mesmo o texto xa que ningún dos meus amigos quixo involucrarse. Como veño de dicir, tiven os meus medos porque eu onde me sinto seguro é na ilustración; este é un texto ao que a pesares de ter moi poucas liñas dinlle moitas voltas para encaixar a palabra xusta en cada unha das frases.

 

Vostede é uruguaio pero vemos neste álbum influencias dun magnífico ilustrador rioplatense como é Ayax Barnes.

No Uruguai hai moi pouco álbum ilustrado, e era moi estraño atopalos cando eu era cativo. Ata a miña casa chegaron algúns e entre eses poucos estaban os de Barnes, que sen dúbida era o mellor ilustrador daquela. Esa escaseza de libros ilustrados fixeron que as miñas influenzas se reduciran a un número igualmente limitado, polo que si que me recoñezo no traballo tanto de Ayax como doutra xente como [Carlos] Palleiro* ou mesmo en meu propio pai. Esas influenzas mantéñense agora anos despois.

Canda novo un deses libros que chegan á miña era El pueblo que no quería ser gris, de Barnes. Era un momento onde en Uruguai se vivía baixo unha ditadura. Este libro enviáronmo desde Suecia e para min era un tesouro, unha cousa que non se podía nin ter nin dicir que o tiñas. El pueblo que no quería ser gris contaba a historia dun rei moi malo que cando ficou sen ordes que dar mandou que todo o pobo pintara as súas casas de cor gris; así o fixeron todos agás un home que pinta a casa de azul, vermello e branco. Cando os soldados van buscalo atópanse co que o seu veciño tamén pinta a súa casa, e o outro veciño, e o outro... Foi ese un libro que me marcou moitísimo.

*Ilustrador uruguaio. Máis información na súa páxina web AQUÍ


Sobranceiramente destaca en A viaxe de Olaf o grande colorido das súas ilustracións, a gama cromática empregada. Que técnicas utilizou para este álbum ilustrado?

Gústame ese colorido, que pode lembrarnos a Carlos Palleiro, un uruguaio que vive en México.

A nivel de técnica A viaxe de Olaf está feito en dixital. Para min a base de calquera ilustración é a liña. Primeiro fago un debuxo a lapis onde esa liña é fundamental, doulle moitas voltas e reviravoltas ata acadar o que eu queiro. As miñas ilustracións non deixan nada ao azar: a liña marca o debuxo e logo co ordenador poño a cor e xogo coas texturas.

Si ben os debuxos son moi coloridos, e por suposto que lle dou moita importancia á cor, para min o principal é ese debuxo inicial, o feito a lapis. Fago moitos debuxos pequerrechos e cando me empeza a convencer o resultado vou escaneándoos e facéndoos máis e máis grandes.


a_viaxe_de_olaf2

A nivel textual si que se inclinou vostede por un tratamento máis clásico. Vemos que aparecen as  repeticións, fai uso dunha estrutura acumulativa...

A pesares de ter varias ideas para o álbum ilustrado que tiña pensado finalmente decidinme por unha estrutura... digamos máis clásica. Seguramente por un certo pudor e temor a crear pola miña parte o texto.


Un Olaf que vive só e aburrido na súa grande casa principia unha viaxe na procura de amigos. Presenta vostede un personaxe sobre o que o lector pode ver reflectido algunhas trazas que nos levan ao Principiño de Saint-Exupéry.

Eu non estou tan metido no mundo do álbum ilustrado ou da literatura infantil como para ter unha visión moi extensa e xeral de todo o que se fai e ter moitas influencias. As miñas sonche moi pouquiñas e entón van aparecer -irremediable e inconscientemente- todas elas; e a nivel infantil a historia do Principiño é un clásico entre os clásicos.

Sobre este libro os maiores soen preguntar polo tema da soidade, que é verdade que está aí, que Olaf, que é pequerrechiño, vive só nunha casa moi grande; pero nunha ocasión un cativo preguntoume que por que Olaf tiña esas pernas tan longas. A única resposta que se me ocorreu foi dicirlle que é porque Olaf camiña moito. Máis que o tema da soidade o que realmente paga a pena é o camiño. Como en todas as cousas, non importa se Olaf non ten amigos ao principio e logo tenos ao final, a cerna é o do medio.


Podemos ver en A viaxe de Olaf a un peixe coa cola do revés, a un tigre arcoiris,... O lector contempla un imaxinativo e espectacular bestiario.

Eu como ilustrador vexo as cousas máis visual que textualmente. Xamais escribín o texto e posteriormente fixen a recreación visual. Eses animais xorden ou ben polo azar -como o elefante elegante- ou ben xa estaban aí desde antes deste álbum. Teño un amigo que sempre fala de peixes que teñen a cola do revés.


Un dos aspectos máis orixinais deste álbum vémolo na composición das ilustracións, chegando a causar contra o final do libro o asombro do lector, onde vemos unha especie de puzzle con ese bestiario do que facíamos referencia na pregunta anterior.

Pode que iso estea vencellado ao meu traballo como deseñador, onde as cousas tenden a se alienar ou a se encaixar. A composición é moi importante e detrás de cada páxina hai moito choio. Eu estudo a disposición, incluso analizando o lugar que vai ocupar o texto. Nese senso A viaxe de Olaf ten moito de deseño.

Neste libro o que hai tamén é moita diversión, gústame sintetizar as cousas de forma xeométrica e que funcione como esa estrutura de puzzle que comentabas.


Despois desta primeira experiencia e con parte do camiño xa aberto tras recibir o galardón do premio Compostela, veremos axiña algunha cousa máis de Martín León Barreto?

A verdade é que si me gustaría. De feito teño un par de ideas pero son un pouco máis raras  que esta A viaxe de Olaf, que ten unha compoñente máis clásica e circular. O novo contén mensaxes máis complexos que tampouco sei moi ben se encaixarían dentro do que sería a literatura para nenos.


 

Madrid. Xaneiro 2012



Buscar en Entrevista >

Axenda LIX >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!