Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

A Familia C (Kalandraka) de Pep Bruno e Mariona Cabassa

Rate this item
(1 Vote)

O escritor Pep Bruno e a ilustradora Mariona Cabassa convídanos a coñecer á Familia C, a gozar con eles e sobre todo a ver a vida doutro xeito, deixando a un lado o gris da rutina para enchela de cor e ilusión. Con A familia C (Kalandraka) Pep e Mariona acadaron o III Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, un premio que reafirma a longa traxectoria que ámbolos dous iniciaron hai xa nove anos na mesma editorial que agora edita este traballo.

Benvidos, pois, ao marabilloso mundo do circo! ou é ao marabilloso mundo da vida??? Pasade e descubrilo vós mesmos da man desta fantástica familia C.

 

 

 De Pep Bruno coñecemos moitas facetas: escritor, editor e contista. Pero que foi antes, a palabra escrita ou a oralidade?

Pep: Eu escribín dende sempre e canda neno tiña claro que quería ser escritor. Sen embargo, o que realmente me deu de comer foi o contar. O que nunca me parei a pensar é que acabaría contando. Á narración oral chegas –tanto no meu caso coma no doutros compañeiros cos que falei disto– sen meditalo. Todos tomamos camiños diferentes para chegar a ser contador de historias. É coma se o conto te escollera a ti, coma se este elixira a boca onde quere habitar.

 

Sen embargo, a formación de Mariona si que é en Belas Artes. Tamén escolleu vostede a ilustración de libros e o traballar cara o público infantil ou foi premeditado?

Mariona: Ben, de feito a miña formación (na Escola Massana de Barcelona) foi primeiro en deseño gráfico. No terceiro curso decidín cambiar o rumbo á ilustración, pensando en dedicarme ao mundo do libro infantil. É máis, pódese dicir que ao comezo dos meus estudos só pensaba no libro infantil como soporte no que traballar, e en verdade, os primeiros traballos que realicei como profesional foron libros infantís ilustrados. Segundo pasaron os anos o meu traballo foise diversificando e comecei a traballar noutros soportes, tamén para un público adulto.

 

Presentades en A familia C dúas historias paralelas: por unha banda está a rutina diaria dunha familia normal (o almorzo, ler o xornal, a escola...) e por outra vemos a forma imaxinativa de se enfrontar a ese mundo cotiá. Aparece neste álbum ilustrado como facer da realidade ficción e da ficción fantasía.

Pep: O álbum ilustrado como xénero ten un gran potencial. Os primeiros libros que escribín había unha clara diferenza entre o texto e a ilustración. Podíase disgregar un do outro. Nos últimos álbums publicados esas dúas liñas creativas conflúen.

Cada un dos libros que escribo, ao igual que ocorre coas historias que conto, tocan historias que me interesan. É unha proxección de todo o que me preocupa, das miñas inquietudes, o que en realidade me emociona.

Mariona: Eu creo que xustamente foi este o aspecto do libro, formulado por Pep dende o inicio, o que me chamou a atención desta historia. Interésanme particularmente os libros onde se poden tomar distintos camiños, onde hai unha narración escrita e outra visual, ou varias!. Que se separan e se unen en distintos puntos. Non todos os libros ou historias o permiten ou o necesitan, pero esta era premeditamente así dende o comezo e a min como ilustradora ofrecíame moitas posibilidades.


Iso queda moi ben reflectido nas ilustracións, onde os personaxes aparecen cheos de cor fronte ao trasfondo rutineiro do quefacer diario, representado polas imaxes creadas por Mariona a través de tons grisallos.

Pep: No caso de A familia C enviei a Mariona tres folios de texto, dos cales dous folios e medio eran só de notas, onde lle explicaba cal era a miña idea para este álbum. Os tons grisallos representan a rutina, o día a día. Sen embargo, vemos que a cor é a ilusión, a fantasía, o que os personaxes imaxinan e viven. A cor é o que fai que a vida teña maxia.

Explicar todo isto pode parecer doado, pero facelo dunha forma sutil, facéndoo visible, é un proceso moi interesante. Esta forma de traballar principiou co álbum anterior*, onde entre o que ti contas e o que o lector le hai unha tensión que non é real. Son dous discursos que sorprenden ao lector cando chega á última páxina. Son álbums que se os contas sen ver as ilustracións parecen cousas diferentes.

Mariona: Pep suxeriumo así, como conta, e a min me pareceu xenial. A cor para min, dende pequena, foi algo vinculado á imaxinación, á fantasía… A suxestión de Pep non podía ser máis acertada. Aínda que non sempre a rutina é gris, si penso que as veces esquecémonos (os adultos principalmente) un pouco da outra parte, a representada pola cor neste libro.

Separar ambos mundos a nivel cromático non me resultou difícil. As ilustracións están feitas basicamente con tres técnicas: acrílico, collage e dixital. As tres son, ao meu parecer, moi plásticas e versátiles, e polo menos a min, resúltame doado traballar a cor con elas.

Case todas as ilustracións parten dunha base de papel de tons grisallos sobre a cal foron aparecendo as cores.

 

* Un loro en mi granja (Edelvives), IV Concurso Internacional Álbum Ilustrado Biblioteca Insular–Cabildo de Gran Canaria

 

Pep, indica vostede no seu blog que unha vez realizado o texto pásao a Mariona para ilustralo. Este é o voso cuarto traballo xuntos. Como elixe aos ilustradores?

Pep: Eu coñezo a Mariona porque o primeiro álbum que publiquei* foi con ela. Nese caso concreto a editorial faloume de Mariona. Comentáronme que era unha ilustradora que realizaba un traballo moi interesante e que as súas ilustracións quedarían moi ben co meu texto. Cando vin o seu traballo dixen inmediatamente que si, que faría ese álbum con ela.

Os traballos que saen mediante a editorial teñen o problema de que hai moi pouco diálogo entre o autor e o ilustrador. Sen embargo os editores si que falan moito, tanto co ilustrador como co escritor. Poderíamos dicir que é un diálogo a tres bandas.

A min interésanme estes libros que se presentan aos premios. Proxectos que realizas man a man coa ilustradora. No caso de A familia C Mariona estaba en Barcelona, onde vive, e eu en Estremadura. Pasamos moitas hora colgados ao teléfono falando, intercambiando ideas, discutindo…

Como proxecto a min me deslumbraba A familia C, pero necesitaba un ilustrador que me entendese, con quen eu puidera falar e que asumira o proxecto sen distorsionar a idea orixinal. Cando falo con Mariona e me envía a primeira ilustración case toleo coa emoción. A idea pode parecer bastante doada, pero entre que xorde a idea, a desenvolves e se realizan as ilustracións A familia C chega a un ano de traballo, pero o resultado sen dúbida pagou a pena.

 


* Conto para contar mentres se come un ovo frito, publicado por Kalandraka en 2002.

 

Mariona, é doado traballar con alguén que teña as ideas tan claras como comenta Pep?

Mariona: Traballar con Pep… Que che vou a dicir! É estupendo! Eu penso que é pola proximidade e a confianza que hai despois de catro libros xuntos. Penso que é unha mente moi inquieta e que propón moitas ideas. Aínda que finalmente non todas aparecen no resultado final, isto é boísimo para os primeiros pasos dun libro.

Pep propón ideas, eu propoño outras tantas e logo falamos e decidimos. Non hai imposicións senón suxestións.

No caso de A Familia C, si había unas pautas a seguir porque do contrario o libro perdería o sentido, pero todo o fixemos dende unha grande flexibilidade.

 

O recurso do circo, onde o fantástico devén en realidade. Un mundo afín á proposta do álbum.

Pep: O circo é parte da idea orixinal de A familia C. No proceso de elaboración falaba con Mariona sobre isto. A rutina é gris e o que imaxina a familia é de cor. Aparecen os motivos de circo porque é un espazo de cor, de imaxinación, un lugar que é da Terra pero non é de esta Terra: un lugar onde o imposible se fai posible. O circo simbolicamente ten unha potencia incrible.

 

Como é o feito de se enfrontar a un relato oral, onde pode introducir detalles, alongar o relato... e preparar un álbum ilustrado, co texto espido, breve... Onde o autor interactúa co ilustrador?

Pep: Son mundos que practicamente non se tocan, aínda que pareza que teñen moito que ver. Este tipo de contos pertencen ao mundo literario e á da palabra escrita, ao mundo do álbum ilustrado.

Cando conto oralmente procuro xogar coas ferramentas que me ofrece a oralidade: o contexto, a palabra, os xestos… A escrita realízaas ti na soidade da túa casa.

Cando o libro está nas librarías eu xa non podo facer máis por el, a miña tarefa rematou. Sen embargo, cando contas é empezar de cero, todo é novo e diferente á vez anterior.

 

En que evolucionou ao longo destes anos a súa técnica de ilustración? Que é o que aporta Mariona Cabassa a todas as súas obras? Creo que, ao igual que Pep, o seu primeiro libro ilustrado foi o Conto para contar mentres se come un ovo frito.

Mariona: Ben, xa choveu moito dende o ovo frito! Eu penso que pasaron moitas cousas a nivel formal, sobre todo. Desfíxenme de moitas manías, todos os ilustradores temos os nosos “tics”. O meu traballo é menos barroco agora, máis “limpo” na forma e na cor. Tamén lle dou máis importancia ao debuxo, agora o vexo como a base fundamental do que fago (ao principio estaba só preocupada pola cor, a mancha)

En común … a verdade é que non o sei, sempre me pareceu case máxico que as persoas que visualizan o meu labor poidan identificalo como meu. Supoño que en todo traballo dun ilustrador hai algo que vai máis alá do formal e que non se pode explicar, pero que é en esencia o que conforma o seu estilo.

 

Como se sente un narrador oral de hoxe en día respecto a esas xeracións anteriores que eran auténticos expertos en contar historias? Sentídevos como novos trobadores?

Pep: Os narradores tradicionais son para nós un modelo e un exemplo. Nós retomamos un oficio que existe dende sempre: romanceiros, cegos… toda esa xente eran cómicos da lingua.

Agora emprendemos de novo esa tradición e non porque quixéramos, se non que é o conto quen ten as súas propias artimañas para seguir existindo. O conto sabe que mentres sigamos contando historias seguiremos sendo humanos, cando deixemos de facelo converterémonos en monos. Cando sexamos monos o conto desaparecerá e iso, ao conto, non lle interesa.

 

Gañaron o III Premio Internacional Compostela de Albums Ilustrados que, ademais da dotación económica, carrea a publicación do libro en sete idiomas e a presencia de A familia C nas principais Feiras internacionais. Dentro da vosa ampla traxectoria que supón gañar este premio?

Mariona: Gañar un premio é sempre moi satisfactorio, é un recoñecemento ao teu esforzo e dedicación. Este en concreto fíxome particularmente ilusión porque era con Pep, con quen fixen o meu primeiro libro, porque a editora é Kalandaka, quen publicou o meu primeiro libro, e deume a sensación de ser un círculo que se pecha, un recoñecemento tamén a unha traxectoria, a miña con Pep, como autores que levan traballando xuntos nos últimos dez anos.

Pep: Despois de coñecer toda a xente que se presentou foi unha sorpresa enorme. É algo incrible o poder de

convocatoria deste premio. Falando tempo despois con amigos e con outros escritores que din que se presentaron ao premio realmente para min é unha cousa insólita.

Persoalmente é a confirmación de saber que tes cousas que contar e que a xente lle interesa o que ti contas. Cando publicas o primeiro libro pensas: “ Xa fixen o difícil, publiquei! A partires de agora terei a tódolos editores chamando á porta. Pero a realidade é outra, publicar o segundo foi tanto o máis difícil que o primeiro. Cada libro que sae leva moito traballo detrás. Foi laborioso. Cando vexo un novo libro publicado para min é como recibir un premio.



 
 

Ferrol. Xaneiro 2011

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Entrevista >

Axenda LIX >

Nestes días >

No upcoming event!