Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Raros e curiosos (Embora) de Carlos López

Rate this item
(5 votes)
Carlos López Carlos López Foto: nx0woé M. Glez.

É curioso observar como nun país cunha grande tradición literaria no eido do humor como é Galicia, nos últimos anos este tipo de literatura estea case que arrecunchada no ámbito da literatura infantil e xuvenil. Quizais sexa esta unha das razóns polas que se agradece sinceramente a aparición nos andeis das librarías de títulos como o que agora nos presenta Carlos López, Raros e curiosos, publicado por edicións Embora.

En Raros e curiosos o lector atopará un bestiario de personaxes a cada cal máis estrafalario, ocorrente, paródico e divertido, pasados todos eles por ese filtro humorístico e surrealista que con total mestría nos ten acostumados o escritor de Boimorto.

É un libro abofé que “raro” e “curioso”, pero continuador desa liña humorística tan presente nalgúns dos nosos autores máis senlleiros. E seguindo ese ronsel sobresae a linguaxe esculpida por Carlos López: unhas narracións revestidas en barroquismo que sen embargo acaen perfectamente ao que aquí se nos conta.

Raros e curiosos é sen dúbida unha lectura para gozar da lectura.

 

 

 


 

 

Fervenzas Literarias: Con unha vizosa produción literaria centrada no público infantil e xuvenil, agasalla agora aos seus lectores cun libro tan sorprendente e máxico como o seu título: Raros e curiosos. Que lle motivou a afastarse desa liña de traballo infantoxuvenil e escribir este libro centrado nun público de máis idade?

Carlos López: Si, parece que me especialicei na escrita de literatura infantil, que por outra banda é un campo que me deu moitas satisfaccións e no que seguirei traballando no futuro. O que acontece é que dende hai xa un tempo eu viña escribindo varios dos relatos que aparecen en Raros e curiosos. Algúns deles publicáronse en diferentes medios e incluso tiven a fortuna de que se premiaron. Agora decidín xuntalos todos nun só volume, engadindo aos que tiña relatos novos.

Transmútase en Raros e curiosos en cronista e altofalante de todos eses personaxes singulares e estrambóticos que deambulan polo libro. Poderíamos afirmar que se trata doutro xeito de facer xornalismo ao realizado a diario na súa tira de Pinto&Chinto no xornal La Voz de Galicia?

Máis que relatos, o que aparecen en Raros e curiosos son retratos: retratos ao minuto. Un dos cualificativos que gusto de lles aplicar é o de crónica ficticia. Moitas pasaxes do libro teñen un corte claramente xornalístico, como se realmente aconteceran e eu fose cronista deses feitos.

Máis de corenta personaxes glosados, cada un deles con historia e características de seu. Cómo foi todo o traballo de creación?

Partín da necesidade de tirar da miña imaxinación a toda esa xente que pululan por Raros e curiosos; cómo non existían, creeinos. Fixen ese traballo dende a mirada do humor e do surrealismo. Este é un libro onde xogo a crear, é cen por cen imaxinación.

A resposta á túa pregunta sobre o proceso de creación é moi sinxela: traballar, sentarse e divagar. Cela dicía que para escribir tes que crear un personaxe, darlle vida e deixar que ande mentres ti vas detrás súa escribindo o que fai. Concordo completamente con esa afirmación.

A miña intención foi a de crear unha galería de personaxes de diferentes ámbitos, sen cinguirme a unha profesión ou a un campo específico, xa que todas elas tiñan as súas singularidades e o seu encanto, sen negar que unhas atraíanme máis ca outras, como o mundo do escritor, dos deportistas ou o do circo. De todos os xeitos non deixa de ser tamén un exercicio de afondar neses mundos e crear personaxes que poidan ter interese.

Nas súas creacións nunca falta un ingrediente básico: o humor. Que lle aporta a vostede contemplar o mundo dende ese filtro ou mirada?

Quizais sexa un xeito de loitar contra a fatalidade deste mundo ou contra a propia vida, que é finita. Para contrarrestar todo iso non deixa de estar ben introducir algo de humor, ou tal vez sexa a miña maneira de ver a vida e as cousas.

A min interésanme moito as lecturas de autores que derivan cara o humor e un –evidentemente- sempre acaba achegándose literariamente cara a esas lecturas que aprecias. Eu dende logo síntome moi cómodo escribindo tendo en perspectiva o humor.

Por outra banda aínda que incidín moito no humor dentro da historia preocupeime, igualmente, de que a propia linguaxe tivera trazos humorísticos. Velaí a razón de que ás veces teña rasgos arcaizantes na forma, así como moi rimbombante. Procurei que a forma casara o mellor posible co fondo.

E ese humor flúe con total naturalidade no texto, o cal se agradece.

Moitas veces o humor máis fino é o que produce menos gargallada. A miña intención era ofrecer un humor profundo e que significara algo, que axudara a desentrañar o personaxe. Procurei buscar un humor fino que fiase e traspasase todo o libro.

Aparte do humor aparece en Raros e curiosos a concisión e a rapidez. Hai unha exuberancia da brevidade.

Busco o mérito da brevidade, pero é unha cuestión persoal de estilo. Se eu estou escribindo e en dous ou tres parágrafos non acontece nada, abúrrome. Gústame que pasen moitas cousas e no menor tempo posible.

Alixeirar os textos non só acontece en Raros e curiosos, senón que é unha singularidade da súa obra. Non lle entran ganas, ás veces, de divagar, recrearse escribindo, encher páxinas e páxinas de literatura?.

Non non. É o que che comentaba antes, síntome moi cómodo na brevidade, chegando incluso ao paroxismo, no caso dalgún libro de literatura infantil hai algún relato que é só unha liña. A verdade, eu prefiro facer tres contos curtos a facer un longo. Quero crear historias diferentes, amólame que non me dea tempo a todo.

Chama a atención o acompañamento lingüístico empregado para relatar aos personaxes que aparecen en Raros e curiosos. Unha linguaxe que se sae do cotiá.

Para axudar a ese ton humorístico que sobrevoa a todos os personaxes do libro revestinos dunha linguaxe así como… rimbombante, como dicía antes. Estou seguro que non empregaría ese tipo de escrita noutras narracións, pero como Raros e curiosos naceu con ese ton cómico, lareto, a verdade é que si pensei que lle acaería ben ese ton arcaizante, seica barroco, para escurecer e darlle un aire diferente ao texto. Eu, pola miña parte, creo que lle viña ben ao texto.

Logo está a seriedade coa que manexa a retórica narrativa. Hai ao longo de todo o libro un perenne desafío coa palabra.

Para min un escritor é un traballador da palabra, polo tanto ten que coidar as súas ferramentas, e unha delas é o estilo. Eu podo ter unha idea de cómo vai ser un personaxe, das cousas que vai facer ou dos disparates que se lle poden ocorrer, podo escribir sobre todo iso, pero logo tes que presentalo ao lector. Un cociñeiro pode facer a torta ben rica e saborosa pero se logo a ofrece ao comensal de calquera xeito o resultado desmerece moito. Coa escrita acontece o mesmo, podes pensar que a túa historia é moi interesante pero tes que respectar ao lector e presentárllela do mellor xeito posible.

Poderíamos definir Raros e curiosos como un bestiario de personaxes estrambóticos e surrealistas. Tan aburrida parécelle a realidade?

A realidade é o punto de partida da creación. A sorte que temos os creadores é concibir personaxes que non existen e poñelos en situacións que tampouco existen. Iso supón, máis que unha fuxida, un enriquecemento da realidade.

Personaxes como Hildoberto de Crisert, o aprendiz de alquimista; ou Feliciano Artenxe, o inventor, son algúns dos personaxes cos que o lector empatiza doadamente. Cal é para vostede a relación entre autor e o seu personaxe?

Eu sinto moita simpatía polos meus personaxes, quizais sexa a única maneira de achegarme a eles. Pásoo moi ben poñéndoos en situacións -por moi estrambóticas que estas sexan- nas que a min me gustaría velos.

 



 

 

 

 Santiago de Compostela. Outubro, 2014

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
7
Data : 07/04/2017
27
Data : 27/04/2017
28
Data : 28/04/2017

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!