Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

O sexo masculino dos anxos (Galaxia) de Manuel Janeiro

Rate this item
(8 votes)

Moitas veces as palabras sobran, e máis cando se fala de literatura. Ás veces sobra ler as críticas, sobra asistir á presentación dun libro, sobra a opinión de quen te recomenda ler este ou aqueloutro título... De feito, sobra incluso esta pequena introdución á entrevista de Manuel Janeiro co gallo da publicación da súa recente novela O sexo masculino dos anxos (Galaxia).

E sobra porque todo o que se fale de O sexo masculino dos anxos, todo o que nos comenten, as análises e valoracións que leamos, non o gorentaremos na súa posterior lectura. É velaquí temos un petisco para gozar e degustar; e facelo a modo, porque por desgraza, acábase axiña, e vendo a escasa produción editorial de Janeiro é difícil saber cando poderemos achegar aos ollos un novo traballo seu.

Moitas son as cordas das que quedaremos amarrados na lectura de O sexo masculino dos anxos. Situada temporalmente na decadencia do franquismo, móstrasenos o espido xeracional dun rapaz aberto á vida. Sempre acompañado do seu amigo Chichi –un personaxe que lembraremos por moito tempo-, percorreremos o desenvolvemento vital deste protagonista, enfrontado aos cambios sociais, aos cambios vitais, aos cambios que supón a madurez e o avellentamento.

Grandísima novela. Sen máis. Sobran as palabras.

 


 

Fervenzas Literarias: Dous amigos, o Chichi máis o narrador, viven o ocaso do franquismo en Madrid. Coas súas luces e as súas sombras e dentro do seu antagonismo, eles dous representan diferentes formas de vivir eses anos e cos folgos que dá a xuventude: destacar entre os compañeiros, conseguir o éxito sexual, vivir as presas, primeiras conciencias políticas...

Manuel Janeiro: Creo que deu vostede cunha das claves da novela. O que interesa destes dous personaxes non é o que se pode vislumbrar a través do franquismo, aínda que é un exercicio de lectura posible; do mesmo modo que -salvando as distancias- o que interesa de François de Chateaubriand non é a revolución francesa, ou o imperio napoleónico ou a restauración, senón o que das paixóns humanas sabemos grazas ao Vizconde.    

A historia prolóngase dende os anos universitarios ata os estertores da vellez. A relación entre eses dous personaxes irá converxendo e diverxendo. Entre a mada de fíos que compoñen O sexo masculino dos anxos o que prevalece ao longo de toda a novela é o da amizade?

Aproveito para confesarlle que teño a sensación de non saber nada a ciencia certa, e das cousas que escribo aínda menos. Podería dicir que escribo para indagar pero iso é un tópico e precisamente escribo para fuxir dos tópicos; ou sexa, que me contradigo e xa vou sabendo algo: escribo para fuxir dos tópicos. O resultado dos lugares comúns é cero: información cero, emoción cero, coñecemento cero. Pero, perdoe, intento responder a súa pregunta... É posible que ese acontecemento portentoso que é a amizade sexa máis que nada a mecha que orixina a confesión. É posible que ese outro personaxe sen nome que é o verdadeiro protagonista do relato teña que valerse do amigo para poder contarse a si mesmo. É posible que nazas o día en que convertes a outra persoa en amigo.

Un dos personaxes sobre o que máis recae a atención do lector é o Chichi, unha especie de heroe do fracaso.

Sempre pasa o mesmo. Endiku, o compañeiro de Gilgamesh; Sancho Panza; Goliat e Crispin, os amigos do Capitán Trueno... rematan converténdose en heroes. Sen embargo, aquí non é exacto. O Chichi, ao igual que o seu amigo sen nome, non é un heroe ou un antiheroe. É explicitamente un non-heroe.

Madrid sérvelle de lenzo para a primeira parte do libro. Qué representa para vostede esta cidade?

Nacín e vivín nela ata os vinte poucos anos. O meu primeiro acto volitivo con respecto a Madrid foi abandonalo. Na primeira oportunidade que tiven lisquei. Non era a miña terra prometida. Con todo, nos meus textos regreso unha e outra vez ás rúas que tanto aborrecín, a eses ceos manchegos e sucios que me tiñan farto. Non é cuestión de facer aquí psicanálise, pero creo que agora me sitúo, como Heródoto, entre Esparta e Atenas: a unha distancia equidistante entre Galicia e Madrid. Ser dórico e xónico ao mesmo tempo sérveme emocionalmente para conservar a independencia.

Contra o final da primeira parte do libro o protagonista sitúase nese momento vital no que por unha banda participa dunha relativa liberdade e por outra banda aparecen as primeiras obrigas sociais. Velaí un momento de desconcerto que o leva a afirmar que “en plena mocidade sentín que avellentara”.

Si, iso o di o amigo do Chichi, que é o máis neurótico dos dous. Mari Trini tiña unha canción do 72 "Ayer". Nela dise: Onte vinte anos cumprín/a inocencia perdín. E noutro verso máis adiante: Onte trinta anos cumprín/todo o porvir/ afastábase de min. Mari Trini morreu aos sesenta e un anos.

A segunda parte do libro é a historia dun home en decadencia: decadencia de amizades, decadencia amorosa, decadencia de saúde. Un contrapunto aos anos mozos. A madurez, medrar, supón un punto de inflexión e de ruptura?

Permíteme que lle cite unha estrofa dun dos meus poetas preferidos, Francisco Brines: Cuando la edad es ya desventurada/y es un pétalo el día,/y apenas quedan rosas,/no es posible que el mundo pueda ser recobrado.

Claro que este é o pensamento dun poeta, outros membros da xeración máis o menos de Brines non pensarán o mesmo -digo eu-, quén sabe, por exemplo Rajoy, ou o ministro Montoro, ou o señor Botín.

Se a primeira parte do libro, O gabinete azul, estaba dominada pola inocencia; nesta segunda, O amor verdadeiro, está máis sustentada polo desacougo, polo desencanto.

Pero precisamente o amor é sempre o mesmo, latexa co mesmo lume e coa mesma auga fría na primeira e na segunda parte.

Un feito que chama a atención do lector é que na primeira parte do libro o narrador está a falar en primeira persoa mentres que na segunda parte pásase a narrar en terceira. Por qué isto?

A estrataxema do autor é utilizar un narrador dese que chaman os técnicos intradiexético: un personaxe que fai de narrador-testemuña e que fala polo tanto en primeira persoa. Encárgase de contar ao Chichi e de paso, con escaso disimulo, se conta a si mesmo. Pero na segunda parte o Chichi non está e sen embargo a novela continúa, para que isto sexa posible o autor recorre a outro tipo de narrador, neste caso extradiexético, que en terceira persoa aparece dotado dunha prudente omnisciencia.

E logo está o amor (e o sexo), que aquí semella ser como esa peza do puzzle que nunca nos acaba de encaixar.

Posiblemente o sexo sexa como eses artefactos das películas de espías que unha vez lidos autodestrúense. E o amor, o que ten, é que é ilexible.

O pasado retumba aquí como se fosen os golpes dun martelo. Canto pesa a memoria?

A natureza deses golpes é frecuentemente asasina. Menos mal que existe a literatura para facer xustiza.

Toda a novela está bañada por un humor sutil e unha carga de ironía, incluso nos pasaxes máis dramáticos.

Ben! Despois de Charles Chaplin iso non ten mérito ningún. Por fortuna un ten mestres, mestres para vivir e mestres para escribir, se é que son cousas distintas.

Esta é a súa primeira novela longa en trinta e sete anos de percorrido literario. Qué lle aportou escribir novela dentro desa traxectoria?

No que respecta a min mesmo, máis que distinguir entre novela corta e longa distingo entre poesía e prosa; e cada vez menos, porque me parece que a pesares das diferenzas formais, eu abordo os dous modos co mesmo proxecto de intensidade e necesidade. O certo é que ata o ano 1999 non escribín unha soa liña en prosa, tiña tal prevención que nin sequera escribía cartas. Foi no noventa e nove cando escribín creo que o meu mellor libro de poemas, Calendario, e fíxeno en prosa, pero non se trataba do que chaman prosa poética, era exactamente poesía. Un pouco máis tarde escribín e publiquei Pucho, o habitador dos tellados [publicado por Kalandraka en 2006], o meu primeiro libro de narrativa, pero cuxa segunda parte só se pode aceptar dende a perspectiva do poema, finalmente e antes do Sexo masculino dos anxos escribín unha colección de contos, Actos de vida, que en vez de construírse sobre as liñas mestras da narración se construían sobre as liñas mestras do poema longo. Mágoa que tanto Calendario como Actos de vida aínda non se publicaran porque demostrarían o que trato de explicar.

 

 

 

 SMTP (Vigo/Ames). Maio, 2014

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!