Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

O corazón da Branca de Neve (Galaxia) de Francisco Castro

Rate this item
(3 votes)

Con total seguridade Francisco Castro non o tivo doado para escribir esta novela. Quen coñeza a traxectoria literaria do escritor vigués comprobará que a súa última entrega, O corazón da Branca de Neve (Galaxia), coa que gañou o Premio de Novela por Entregas do xornal coruñés La Voz de Galicia, afástase estilisticamente do que son as súas obras anteriores. Este premio, que esixía estruturar a novela gañadora en trinta e un capítulos de 3.500 caracteres cada un deles, serviu sen embargo para axilizar unha historia que engaiola ao lector dende o primeiro ata o último capítulo.

Nesta historia de suspense, Francisco Castro leva ao lector a unha viaxe polos currunchos máis escuros da nosa sociedade. O noso respectable veciño, o amable médico que nos atende, esa esposa envexable, poden ter unha cara oculta que faría estremecer a calquera de nós. A aparencia non é sincera, abofé que non; e se a iso sumamos a hipocrisía do mal chamado mundo civilizado, que se escuda baixo capas e capas de falsa moralidade para xustificar o horror contra os máis débiles, e nolo contan cun ritmo que impide ao lector deixar de ler, como resultado temos este O corazón da Branca de Neve. Seica non estamos tan afastados do que son as novelas de Francisco Castro, non si?.

Mención aparte precisa o inspector Hermida. Un policía a quen probablemente sexa ben doado ver tomando unha cervexa en calquera bar de Vigo, ou discutindo con algún siaeiro do Celta sobre a marcha do equipo. Un policía que de seguro poderemos ver en vindeiras entregas de Francisco Castro, e que estamos seguros serán tan interesantes como este O corazón da Branca de Neve.

 

 

 


 

Fervenzas Literarias: Na entrevista que mantivemos sobre In vino veritas (Galaxia) vostede afirmaba que escribiu esa novela “dende o convencemento de que non volvería escribir novela negra”. Dous anos despois da publicación dese libro retoma o xénero neste O corazón da Branca de Neve.

Francisco Castro: Expresaba Walt Whitman: “Contradígome! Si, contradígome!” (risos). Cando aseguraba que non volvería escribir este tipo de novela estaba totalmente convencido diso, pero O corazón da Branca de Neve naceu pegada –e non o oculto- ao premio de novela por entregas do xornal La Voz de Galicia. Por mor das características dese premio, onde case que tes a obriga de manter intrigado ao lector ao longo de trinta e un capítulos, a escrita que mellor lle acae a ese xénero seguramente sexa a novela negra.

E aparte do propio premio, estaba o personaxe do inspector Hermida, que levaba tempo roldándome polo meu maxín. Hermida trátase dun policía entrañable, real, que o lector pode identificalo doadamente... Da conxunción de todo iso que acabo de comentar naceu O corazón da Branca de Neve. Polo tanto, desdíxome do dito hai dous anos. E aínda digo máis… O inspector Hermida terá continuidade en futuras novelas.

 

Con esta novela acadou o premio de novela por entregas de La Voz de Galicia. Unha das características dese certame é a estrutura que ha de ter a novela: trinta e un capítulos de 3.500 caracteres cada un deles. Foille un reto cinguirse a unha estrutura tan ríxida?

Eu sentíame, á hora de escribir O corazón da Branca de Neve, como eses operarios que fan albanelería fina. Foi un reto, a verdade. O meu obxectivo era cumprir formalmente cos 3.500 caracteres por capítulo establecidos nas bases do premio; de feito, os trinta e un capítulos do libro teñen exactamente eses 3.500 caracteres, nin un arriba nin un abaixo.

Cando tes que facer unha novela cunha estrutura tan ríxida sempre está a tentación de non complicarte e darlle á historia unha estrutura clásica: presentación, nó e desenlace. Porén, eu quería ofrecer ao lector, a pesar do formato tan ríxido, unha novela coral, onde apareceran varios personaxes con cadansúa historia, non só a pesquisa de Hermida.

Iso axudoume a introducir unha denuncia sobre varias cousas, como o feminicidio de xénero que estereotipa ás rapazas a ter un corpo determinado ou unha crítica social sobre as mulleres ás que lles rouban os bebés.

Ao final, se vas sumando cousas, os retos eran moitos. Debía cumprir cos caracteres por capítulo, estaba a necesidade de manter a intriga ao longo do mes no que se publicou a novela en La Voz de Galicia e, por suposto, estaba o reto literario.

 

En O corazón da Branca de Neve vostede abarca un tema que está de fonda actualidade, como é o roubo de meniños para entregalos a familias que non poden ter descendencia. É doado ficcionar a realidade?

Aínda que soe a tópico coido que a novela negra ten a obriga de estar pegada á realidade, ha de retratar a época na que vive. O escritor Dashiell Hammett debuxaba nas súas novelas aquela América de finais dos 40 e comezos dos 50. Aos que facemos novela negra hoxe tócanos reflectir o que está a acontecer na actualidade. Polo tanto, no meu caso, non foi difícil.

 

A diferenza doutras novelas súas, e por mor da estrutura forzosa da novela, a trama vai a fume de carozo. Non ofrece respiro algún ao lector.

É que non podía habelo. Eu son autor de longo alento, In vino veritas é tres veces o grosor desta novela, pero en O corazón da Branca de Neve só tiña un anaquiño de xornal diario, e nese trisco teñen que pasar moitas cousas; alén diso, tes que deixar unha fiestra aberta para que o lector volva o día seguinte. E así ata o capítulo trinta e un, onde se produce o desenlace da historia.

Todo o mundo que está a ler esta novela fala de vertixe, de remuíño. E coido que non debeu de saír tan mal cando estou a recibir moitas peticións para escribir o seguinte caso do inspector Hermida.

 

Vostede é un escritor que gusta de introducir certa denuncia nos seus libros. Amais faino dun xeito no que é o propio narrador quen se inmisce na historia. Porén, en O corazón da Branca de Neve segue aparecendo esa crítica social, pero nesta ocasión inserida na propia trama.

É inevitable. Gústame pensar que o que eu escribo serve para poñer unha pequena lupa sobre aquelas partes da realidade que rexeito. Se en novelas como Xeración Perdida (Galaxia), Spam (Galaxia) ou In vino véritas ao narrador, de cando en vez, dálle por parar a acción para ofrecer a súa visión ou opinión, en O corazón da Branca de Neve esa denuncia forma parte da propia trama. Hermida é quen vai canalizar parte desa crítica. El é un inspector de policía normal, que sente ganas de chorar cando ve o que está a pasar.

 

Sobre os diferentes personaxes que aparecen querería destacar a Alberto, que representa en certa medida a hipocrisía moral da nosa sociedade. Un home que intenta xustificarse, que acepta con absoluta normalidade, que o seu desexo sexa “ilegal”.

Que sexa ilegal e que alguén sufra. Alberto, nun momento dado da novela, cando ve o que está a suceder, escolle “non ver” esa realidade.

Unha parte de O corazón da Branca de Neve quería denunciar a hipocrisía e criticar a facilidade coa que somos capaces de abrir un paraugas moral para facer calquera cousa. Sempre atopamos unha xustificación para a atrocidade.

 

O inspector Hermida é un policía groso, ás portas da xubilación, canso. Abofé que estamos ante unha descrición dun policía críbel, identificable. Se antes había un exceso dun tipo de personaxes duros, agresivos, estereotipados; agora non se peca en ofrecer ao lector –case que co mesmo exceso anterior- xusto o contrario? Coido que se perde un pouco ese aura de clasicismo que fixo da novela negra ese xénero tan asumido polos lectores.

Eu creo que iso é bo. En lugar de falar ou escribir de estereotipos escribimos de persoas reais. Eu pensaba, á hora de desenvolver esta historia, en policías que coñezo. En xente moi próxima, máis ou menos da idade que ten Hermida, e cuxa meirande preocupación é ver se o Celta é capaz de gañar o seguinte partido. Pero tamén son policías que moitas veces chegan a súas casas angustiados do que acaban de ver. Nós vemos pola televisión desafiuzamentos coa policía botando a xente das súas casas, pero non nos decatamos de que moitos deses policías acaban a súa quenda laboral cheos de noxo. E Hermida é desa liña. Ve a esa rapaza á quen lle roubaron o bebé e sinte asco. Quería que meu inspector Hermida fose como esa xente que coñezo.

 

Ao comezo desta conversa dicía que o inspector Hermida terá continuidade. Como formulará esas novas novelas?

Evidentemente, as vindeiras novelas protagonizadas por Hermida serán totalmente diferentes. Eu serei máis eu, poderei explanarme máis.

Xa non serei tan conciso como nesta ocasión e poderei darme o gusto de escribir páxinas e páxinas para explicar os por que da historia.

 

 

 

Santiago de Compostela. Decembro, 2013

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!