Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Ingrávido Signo (Espiral Maior) de Pablo Bouza

Rate this item
(2 votes)
Ás veces hai que vomitar a dor que supón retornar ao pasado. Flaxelarse coa levidade dos recordos e das lembranzas para ter a constancia de estar vivos. Pablo Bouza presenta en Ingrávido signo (Espiral Maior) -premiado na XXXV Edición do Certame Literario do Concello de Vilalba- unha procura polas arestas da morte. Sen embargo, o que de primeiras semella un libro duro e escuro o poemario reflicte, da man do poeta fenés, estalos incesantes de vida.
Ingrávido signo supón o terceiro traballo individual publicado por Pablo Bouza. Anteriormente tirou do prelo In aeternum (Deputación da Coruña) e O home que falaba coas baleas (Concello de Outes). Ten a piques de publicar Na procura do norte (Premio de Poesía 'Conde de Gondomar') en Alvarellos e Espiral Maior publicará, o vindeiro ano, o seu Na intimidade do azougue, premiada na edición deste ano en Vilalba.
.
 

 


 

A morte e a ausencia sobrevoan Ingrávido signo. A dor devén, por praxe literaria, en palabras e versos. Este exercicio poético axuda a mitigar, a facer máis leve, ese enfrontamento contra a desaparición dos nosos seres amados?

Eu son da teoría de que a poesía pode ser terapia, ou como ben dicía Antón Reixa cando presentou en Culleredo o seu Látego de algas (Espiral Maior), a poesía é berrar en silencio cando non se pode facer en alto.

Ingrávido signo nace da morte de meu pai, nun momento clave na miña vida, dunha maneira inesperada. Daquela principiei a formularme cuestións que ata entón non fixera. Se no meu primeiro libro* afondo máis nos temas amorosos, é a partires desa morte cando comezo a preocuparme temáticamente dos recordos e da lembranza. Ingrávido signo versa da poética da memoria, incorporando unha forte carga metafísica, onde me pregunto por nós como seres. Non creo que esteamos diante dun libro de doada lectura. Vese que hai sufrimento, pero o feito de poder compartir esa sentimentalidade con outros, que outra xente poida interpretar esa dor e dalgún xeito facela súa a través da lectura axuda. Si que podemos interpretar esa sensación como de terapéutica.

 

* In Aeternum, publicado no 2007 pola Deputación Provincial da Coruña.

 

Supoño que non debe ser doado escribir sobre unha experiencia persoal dese tipo e, ao mesmo xeito, revestila dun linguaxe poético para converter o resultado en poesía.

Ingrávido signo componse de 53 poemas. A primeira parte titúlase Alma baleira onde eu reflicto a angustia da perda. Son os primeiros poemas onde me atopo estragado, aínda que despois se vai deslíndose un pouco esa sensación e comezo a preguntarme sobre a memoria, sobre as despedidas.

Este libro contén igualmente, por mor do oficio mariñeiro do meu pai, unha gran cantidade de simboloxía mariña: o mar sempre está latente. Eu son fillo de mariño e crieime dentro dunha simboloxía de barcos, portos, ... manifestada en Ingrávido Signo. Amoso as crónicas que meu pai me contou das súas viaxes por Shangai, Nova Orleáns,... Historias que me relataba e van quedando recuadas na memoria. Relatos e anécdotas das que antes da súa morte case nin me lembraba e fronte as que tiven que facer un exercicio de retorno, de volta á nenez. E é nesa volta á infancia onde aparece a figura da nai como esa muller que está esperando, como se ve claramente na parte do libro titulada Retornos e despedidas.

 

A loita por non esquecer. Aparece en Ingrávido signo o medo de que non fique nada de noso co paso dos anos, nin unha soa lembranza. Que a nosa presenza na vida sexan, como escribe, as pedras derrubadas dunha casa. A pequenez da vida ante a inmensidade do tempo.

Preocúpame que pode permanecer de nós, que é o que resistiría da memoria do meu pai se eu non llo transmitise aos meus fillos.

Mira, de neno fun enormemente feliz na casa dos avós. Agora esa casa xa non existe, botárona abaixo e construíron un edificio, non ficaron nin as pedras derrubadas. Intento amosar neste poemario esa inquietude do que pode quedar de nós. Estou en verdade interesado en manter esa memoria.

Este é un libro duro. Cando escribía estes poemas víñame á cabeza Vieiro de señardade (Ed. do Castro) de Tomás Barros. No prólogo o autor escribía que tiña certos reparos para publicar nun momento dado algúns dos seus poemas, pero á vez aclaraba que ler a poetas como León Felipe, Buero Vallejo ou Bertolt Brecht déronlle folgos para seguir adiante e introducir finalmente os poemas. Barros dicía que o poeta ten que dar testemuña de todas as súas tristezas sen ocultar nada, por moito que fira e doa. Nese sentido este é un libro complicado. Eu sempre digo que a poesía é unha das polas da literatura máis difíciles porque tes a obriga de espirte, aquí non podes mentir nin facer ciencia-ficción. A poesía chucha da túa sentimentalidade.

 

A realidade era outra: era saudade / da amada e dos fillos que medraban / no soño dun pai perdido no naufraxio / dun mar perpetuo que outorga a distancia.

Os poetas tendes o mar como referente, como metáfora e musa. Sen embargo, na súa poesía o mar transfórmase en ser arrebatador do pai.

A simboloxía mariña está moi presente na miña obra. En In Aeternum hai un poema un tanto rosaliano titulado Gran Sol que fala de homes que marchan ao mar e de mulleres que fican en terra, pero neste libro o mar ten un papel moito máis obxectivo, é unha realidade aínda que haxa metáforas e utilice unha metafísica da despedida. Aquí o mar é máis obxectivable, o mar era “quen” se levaba ao meu pai. Lembro que a miña nai sacábanos todos os domingos unha foto para enviarlla e que puidera ver como medrábamos. El podía estar no mar tempadas de ata seis meses. Internamente supuxo quedar sen a figura paterna nunha etapa moi importante da vida como é a nenez.

No libro hai moitas lembranzas: propias, da miña nai e incluso outras que non existiron... e todas elas por veces poden ser unha carga moi pesada.

 

Referíase vostede anteriormente á primeira parte de Ingrávido signo, titulada Alma baleira, onde amosa diferentes tipos baleiros producidos pola perda. Un deles é o baleiro que deixa a perda da inocencia, como aparece en As ás dos fillos: Terei que ser sincero cos meus fillos / falarlles das pesadumes desta vida.

Evidentemente. A desaparición de meu pai non só me afectou a min senón a toda a familia. Os fillos viven unha experiencia traumática e toman consciencia de que hai vida e de que hai morte.

Sen embargo ese poema en parte vai dirixido cara min. Cando morre un pai é un momento clave na túa vida. Sabes que por lei o seguinte vas ser ti: perdes a teu avó, perdes a teu pai... van caendo os elos un tras outro. Perdes incluso a túa propia inocencia. É un momento no que comezas a preguntarte cousas.

Ingrávido signo pode parecer un libro nada optimista, pero o seguinte que aparecerá -Na intimidade do azougue*- será completamente diferente. Escribilo supúxome unha xanela aberta para que dera un pouco de ar tras a dureza deste traballo.

 

* Na intimidade do azougue foi premiada no XXXVI Certame Literario do Concello de Vilalba.

 

Utiliza versos para fotografar recordos e imaxes da memoria. O lector atopa en Ingrávido signo multitude de estampas familiares: Non agardas máis polo verán, / pola froita de óso, / polas horas pausadas no lusco-fusco.

A min interésame moito ese papel da poesía como canle obxectivizador dunha realidade. Gústame en verdade utilizar a poesía para crear fotogramas.

 

É doado espirse do xeito en que o fai en Ingrávido signo? Emocionalmente para o lector pode chegar a resultar case pornográfico, violento.

Teño escrito por algures que a poesía é a grafía da emoción. Esa é a finalidade, a miña busca, aínda que non sexa moi consciente. Eu cando escribo fágoo dende a inconsciencia, hai un Eu aparte que escribe. Busco a emoción no lector, implicalo na miña sentimentalidade. O lector pode representar o poema como desexe pero procuro que exista un diálogo activo onde vaia interpretando os versos.

 

Neste poemario hai unha exploración polas arestas da morte: desaparición, dó, baleiro, memoria, lembranza... Realmente estamos ante un libro sobre a contemplación da morte.

Eu comezo a escribir Ingrávido signo á semana de morrer meu pai. Escribino moi rápido, en seis ou en sete meses. É un proceso intenso onde analizo dende o primeiro momento da desaparición ata que o dó, a dor vaise diluíndo e comezo a suavizar a poesía. Ao mesmo xeito busco reconforto na memoria e nos momentos positivos.

É un libro sobre a memoria, as lembranzas, os recordos... Pero tamén é un libro sobre a vida. Borges dicía que a vida era un esvarar cara a morte, e a morte é unha vida vivida. Nunha parte do libro hai poemas onde procuro facerlle unha homenaxe á vida.

 

Tanto en Ingrávido signo como en In Aeternum reconfortas os teus poemas ao abeiro da multitude de citas que poboan tanto este libro como no anterior.

Si, gusto de apoiarme nas miñas lecturas, nos meus poemas preferidos. Creo que están ben para facer patentes as miñas influencias, de onde ven a miña escrita. Ao mellor para o lector é importante chegar un pouco as causas biográficas de quen escribe.

 

 

Culleredo. Novembro do 2010

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!