Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Cartografías do derrubo (Difusora) de Carme Adán

Rate this item
(13 votes)

O diario Xornal deixou marcada na súa breve traxectoria unha imborrable pegada no xeito de facer xornalismo. Polas súas páxinas non deixaron de pasar nunca persoeiros de diferentes sensibilidades políticas que plasmaron as súas ideas e a súa visión do país nos artigos de opinión, que cobraban deste xeito un lugar preferente nos contidos do xornal.

Entre esas firmas e eses artigos atopábamos a de Carme Adán, quen semanalmente ofrecía ás lectoras e lectores unha visión lúcida e persoal no acontecer actual de Galicia. Cultura, economía, igualdade, educación... foron algúns dos focos nos que Carme plasmou unha prosa sutil, acertada e incluso as veces retranqueira.

Tras a eliminación de todo rastro na rede do Xornal agora podemos atopar eses artigos de Carme Adán recompilados neste volume que nos ofrece a editorial ourensá Difusora.




Radiografía vostede en Cartografías do derrubo os últimos anos de goberno Feijoo na Xunta de Galicia. A que derrubo estámonos a referir?

Por unha banda poderíamos falar do derrubo do sistema económico e produtivo de Galiza, como no caso das caixas de aforro que se perderon nesta lexislatura. Tamén ficamos sen parte do noso sistema produtivo, como é o caso do sector pesqueiro e o gandeiro. Vemos como o investimento en I+D, fronte ao pulo dado polo anterior goberno, baixa durante o mandato de Núñez Feijoo ata situarnos nos últimos lugares do estado español. Falando de memoria, só na Universidade de Santiago pérdense 380 postos de investigadores.

É tamén o derrubo de todas as políticas feitas durante o bipartito, como o eólico, que supuxo unha perda de máis de seis mil postos de traballo baixo a mentira de que era ilegal, cando o Tribunal Superior de Xustiza avaliou agora a súa legalidade.

Móstrase o derrubo dos signos de identidade. O derrubo dos pactos sobre a lingua, que son do ano 2004, durante o último goberno Fraga. Derrúbanse as Galescolas, as políticas de igualdade, as de vivenda...

Cartografías do derrubo abarca dous anos e medio, e cando unha analiza ese período vemos un goberno moi preocupado de desfacer pero incapaz de construír un proxecto para Galiza.


Vincula vostede en varias ocasións ese derrubo co toque morno de Tánatos. É un mérito actuar como Tánatos e non como as Keres a ollos da cidadanía?

Eu creo que derrubar nunca é un mérito. Reducir servizos á cidadanía, derruír políticas que estaban a funcionar non deberían de ser prácticas dun bo gobernante. O bipartito procurou facer políticas novas pero sen derrubar o anterior. Agora a pregunta é: “En que eido unha galega ou un galego pode dicir que vive mellor hoxe que hai tres anos?”. De todos os xeitos non concordo con que sexa un derrubo silencioso. A xente fala na rúa, nas cafeterías, sente que non vive mellor. A perda de postos de traballo está nun record histórico, ao igual que o paro feminino. Foron sen dúbida políticas erradas.


Mapas de conciencia: retrocesos

 

Divide Cartografías do derrubo en tres bloques, no primeiro, Mapas de conciencia, trata sobre os retrocesos normativos, económicos e políticos nesta lexislatura.

Utilizo o epígrafe de mapas de conciencia porque creo que a conciencia non é algo dado, senón que require dun proceso. Vivimos momentos convulsos e a creación da conciencia precisa deses mapas para ver onde nos movemos, que nos leve a unha reflexión para analizar o terreo sobre o que estamos construíndo o porvir.


O Partido Popular chega ao goberno enarborando a bandeira da austeridade, unha austeridade á que vostede lle engade o adxectivo de “selectiva”.

Efectivamente, porque ser austero é eliminar o superfluo, e coido que sectores como a sanidade ou a educación non é nada superfluo. É constatable que no primeiro ano de goberno Feijoo non existen problemas nos hospitais, por exemplo, pero no segundo e especialmente no terceiro ano, vemos que se incrementan as listas de espera, cóbrase pola renovación da tarxeta sanitaria... Factores que supón unha perda importante da calidade sanitaria. E iso si que nos preocupa aos cidadáns. A iso non se lle pode chamar austeridade.

No apartado educativo vémolo igualmente coa redución de prazas de profesorado, a perda de actividades complementarias, a mingua das bolsas... E mentres iso acontece na educación pública aumentan os concertos cos centros privados. Increméntase neses centros o número de ordenadores, o número de auxiliares, ... Mentres que a privada mantén ou aumenta o seu nivel as escolas públicas vense reducidas.

O mesmo acontece nos servizos de benestar. Os centros de dia impulsados polo bipartito privatízanse, logo hai empresas que van sacar beneficios.

Por todo isto é polo que eu defino como selectiva esa presunta austeridade. Austeridade é unha palabra que sempre soa ben pero nunca é sinónimo de reducir servizos.


Contra finais do 2009 escribía vostede que tiña a esperanza de que as caixas galegas mantiveran a súa natureza e finalidade social para o apoio ao financiamento da economía galega. Visualizando a situación actual da caixa galega concorda coa opinión de nx0woé Luís Gómez quen afirmaba nas páxinas de El País que a desaparición de Novagalicia Banco sería o maior espolio da historia de Galicia*?

Estamos no camiño dese espolio. Nós apostamos por unha caixa galega fusionada. A nosa postura que mantivemos dende sempre é que a resultante debera de ter dúas características: solvencia e galeguidade. Feijoo demostrou aquí a súa incapacidade como gobernante, ao non ser capaz de manter ese sistema financeiro galego, porque o maior problema que temos hoxe en día Galiza é que non existe ningún instrumento público de banca que permita dar crédito as pequenas e grandes empresas. Temos que reactivar a economía, e iso faise dando créditos, non reducindo o número de médicos ou de profesores.

*http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/03/04/galicia/1330894681_921911.html


Topografías do intanxíbel: Lingua, cultura, educación.

 

Ofrécesenos neste segundo bloque unha análise do derrubo de tres dos piares básicos sobre o que se sustenta a definición de pobo, os seus signos de identidade.

En moitos artigos de Cartografías para o derrubo destaco a importancia de coñecerse a un mesmo. Ese é un axioma básico da filosofía, coñécete a ti mesmo para coñecer o mundo exterior.

Estamos ante un goberno que non é que sinta que a nosa lingua sexa importante, senón que a considera un atranco. Isto é unha mágoa e un problema, porque creo que deberíamos de ser conscientes da importancia de termos unha cultura e unha lingua, por iso falo de “cartografías do intanxible”. A cultura non é só unha parte do PIB, é a nosa forma de estarmos no mundo, de relacionarnos, de entendernos como seres humanos. Extirpar ese valor simbólico conleva quedarnos un pouco baleiros, tanto como persoas como pobo. Eu creo este debera de ser un punto de reflexión. Independentemente de entrar en debates políticos sobre o identitario, ao marxe do que poida ser a natureza política, coido que o que é a identidade persoal e colectiva fórmase principalmente cando se establecen relacións, e as relacións entre as persoas son relacións culturais, entendendo como cultura as redeiras cando traballan, a nosa forma de cociñar, etc.


Defendemos un modelo de educación no que gratuidade significa gratuíto. É posible que asistamos en breve a un escenario onde a privatización chegue incluso ao eido educativo?

Cara aí vamos. O neoliberalismo vai gañando terreo e os gobernos que concordan con eses principios entenden que privatizar os servizos significa mellorar a calidade. Nós pensamos xustamente o contrario. Entendemos que os servizos públicos significan calidade e máis en concreto, se falamos de educación, implica igualdade de oportunidades. Polo tanto agardo que sexamos capaces de defender isto e demostrar a falacia que supón a privatización de servizos.

 


Nós tamén navegar: Igualdade.

 

Indica vostede a eiva da pouca presenza feminina nos postos de importancia, tanto a nivel empresarial como político. A ex-presidenta chilena Michelle Bachelet comentaba que o punto de partida para conseguir unha verdadeira igualdade tiña que principiar coa presenza da muller en todos os ámbitos e postos de responsabilidade política.

A igualdade é sempre unha meta, un camiño. Son moitos anos de patriarcado e de relacións asimétricas entre homes e mulleres, que nos levan precisamente a todo o que podemos ver hoxe en día: menos salario para as mulleres, padecer nestes intres máis a crise, problemas para compaxinar traballo e o coidado dos fillos... Non é que sexa unicamente unha cuestión de estarmos as mulleres en postos de responsabilidade política, é cuestión de reequilibro dos espazos onde están as mulleres e tamén o recoñecemento deses espazos.


Tras tantos anos de loita pola Igualdade, e todo o camiño que aínda queda por percorrer, palabras como as pronunciadas recentemente polo ministro de Xustiza referidas ao aborto* derruban o camiño marcado ou dan máis azos para seguir traballando?

Non derruban nada. O goberno di o que pensa, que sobre o corpo dos mulleres teñen que decidir os homes, tal e como se desprenden das palabras pronunciadas polo ministro.

Os que traballamos para acadar a igualdade temos claro que son as propias mulleres as que deben decidir sobre os seus corpos. É unha decisión que deben tomar elas mesmas.

Aquí o debate non ten nada que ver coa maternidade. Unha cousa é o aborto e outra cousa moi distinta é apoiar a maternidade, e é precisamente o Partido Popular de Galiza quen non apoia para nada esa maternidade. Velaí está a eliminación de servizos de conciliación, a subida do prezo das galescolas (agora galiñas azuis) en case un oitenta por cento para rendas de mil douscentos euros, etc.

Todas as medidas impulsadas dende o goberno anterior para mellorar a inserción das mulleres no mundo laboral, medidas que si apoian a maternidade, foron eliminadas. Non se impulsou tampouco un plan de emprego feminino como prometeu o señor Núñez Feijoo.

Apoiar a maternidade é apoiar as mulleres para que coiden os seus fillos.

* http://www.elmundo.es/elmundo/2012/03/07/espana/1331111300.html

 

Os artigos que aparecen nestas Cartografías do derrubo publicáronse nun agora extinto Xornal. Como foi ese escribir ao xornal co que subtitula este libro?

A verdade é que eu nunca escribira de forma constante e foron dous anos e medio escribindo todas as semanas sobre un tema de actualidade nunha linguaxe distinta ao que eu acostumaba facer, como o ensaio ou o político, foi unha experiencia moi interesante e bonita que me axudou a valorar aínda máis o difícil traballo dos xornalistas. Tamén estaba a relación cos lectores e as lectoras, cos comentarios que facían, era moi agradable.

Creo que Xornal de Galicia facía un xornalismo distinto, dando moita importancia a ese tipo de artigos. Agora estamos nun proceso de “cartografías de construción”, vemos como agroman diferentes medios de comunicación galegos na rede e agardo que os fíos da cultura, aínda que sexan invisibles, vaian tecendo redes e eu espero que as próximas cartografías sexan de construción e non de derrubo.


Santiago de Compostela. Marzo, 2012

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!