Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Breizh (Toxosoutos) de Miro Villar

Rate this item
(9 votes)

Ar-Mor. No mar. País do mar. Un mar que vai e ven. Mar que da vida e reivindica morte. Un mar que é o comezo da fin da terra, das fins da terra. Un mar que une fisterras.

Miro Villar nos ofrece en Breizh (Toxosoutos) un diálogo entre dúas fisterras: Galicia e Bretaña. Dúas periferias afastadas e unidas polo mesmo recendo a salgado. O poeta de Cee fotografía as paraxes de Bretaña e nolas ofrece en forma de haiku. Pont-Aven, Karnag, Saint-Goustan... semellan neste libro ser follas abaneadas suavemente polo vento. Velaí a esencia das imaxes que nos mostra Miro Villar neste Breizh.

Un libro para ler amodo, para deixarse levar e percorrer esa xeografía que, no fondo, está tan unida a nós por esas veas salgadas das que fala Miro Villar nun dos seus haikus. Unha unión e unha tradición que perdura dende séculos atrás e que se manterá no tempo grazas a achegas como este Breizh.

 

 


 

A primeira dúbida á que se enfronta o lector que se achega a este libro é se estamos ante un libro de haikus ou ante un libro de viaxes. En Breizh a viaxe consiste en transitar polo haiku ou é o haiku quen nos convida -non tanto a facer a viaxe- senón a vivir a viaxe?

En Breizh hai dúas viaxes: a primeira delas sería unha viaxe física á Bretaña realizada a través do Instituto de Estudos Comarcais da Costa da Morte. Trátase dunha serie de viaxes que nos levan polas diferentes fisterras atlánticas e desta volta tocaba pola Bretaña.

Esa sería a viaxe física, pero logo está a viaxe literaria, que ten moito que ver coa nosa propia tradición. A Bretaña é un territorio que un galego e unha galega senten como moi próximo. A influencia de Bretaña é moi evidente tanto na literatura medieval galega como na contemporánea. Velaí está o libro de As cruces de pedra na Bretaña de Castelao ou a obra de poetas máis recentes, como Olga Novo. Porén, a min o libro que máis me inspirou para escribir Breizh foi Laio e clamor pola Bretaña de Manuel María.

A razón pola que foi escrito en haiku é posterior á viaxe. Nun congreso de escritores celebrado en Coimbra coñezo ao poeta coimbrense António Jacinto Pascoal. Pascoal estaba facendo unha antoloxía do haiku mundial para traducila ao portugués e solicitoume información sobre autores galegos que cultivasen o haiku en Galicia, ao que eu lle respondín que non había moita cousa e faleille de Uxío Novoneyra e de Ricardo Martínez-Conde.

Jacinto Pascoal insistiume de que tiña que escribir un libro de haikus. Entón, no transcurso desta viaxe a Bretaña, onde non tes moito tempo de escribir, onde o único que fas son anotacións breves e concisas, a estrutura de haiku amoldouse a esa brevidade e concisión que eu precisaba.

 

Coido é a primeira vez que utiliza vostede o haiku na súa obra.

Para min o emprego do haiku era alleo, pero tamén é certa a miña querenza pola concisión e polo verso curto. Gusto das estruturas fixas e o haiku tradicional tena. E é certo, nunca escribira haikus ata a recomendación de Jacinto Pascoal.

 

Ten moita relación o carácter contemplativo do haiku coa mirada do poeta viaxeiro. Por mor desa brevidade e concisión que vostede comenta, o poeta e o lector non van ver, senón que van contemplar a través do haiku.

O espírito de haiku é a contemplación, e tras a contemplación está a suxestión. O haiku suxire, non mostra. Disque os occidentais non poden escribir haikus, que a súa esencia se leva dentro do espírito da literatura xaponesa e vai máis alá do proceso creativo. Tamén é certo que as achegas feitas dende a literatura occidental ao haiku son moi importantes, aínda que non teña esa espiritualidade oriental.

 

Hai unha forte unión entre a personalidade galega e a paisaxe que envolve a esta terra. Sen embargo, o mundo literario non é moi dado a empregar o haiku, xénero moi dado á reflexión e á observación dese entorno. Vostede sinalou os nomes de Novoneyra e Martínez-Conde e tampouco é que haxa moitos máis.

Curiosamente dende que falara daquela con Pascoal están saíndo algunhas cousas, como o Carnia Haikia de Elvira Riveiro Tobío.

Este libro ten moita relación coa paisaxe: cunha paisaxe moi concreta e moi próxima. Bretaña e Galicia partillan o feito ser fisterras atlánticas, con todo o imaxinario que conleva o feito de ser unha fisterra, unha fin do mundo, de seren costas do solpor. Hai moitos fíos en común que fixeron sentirme cómodo cando escribía Breizh.

 

Feros embates / falan no mar roleiro / punto final

Que supón vivir nas estremas, coas veas salgadas? Que personalidade se forxa vivindo, mirando sempre cara o mar infinito?

O haiku ao que fas referencia, que se titula Finistère pertence a un estado de mar moi en concreto. Os que somos ou os que vivimos nesa periferia da periferia; os que respiramos un mar que non é nada plácido, un mar que ten unha vinculación moi forte coa palabra morte, temos unha visión moi transcendente do que significa o mar. Unha visión do mar que se sinte dentro, de vínculo coas profesións relacionadas co mar. Unha visión afastada da imaxe que se pode ter a través dunha fotografía, e esa visión eu vina claramente reflectida nas paisaxes bretoas: dende o xeito de pescar, de realizar os traballos do mar … Un xeito de vivir cara o mar moi semellante con Galicia e coa Costa da Morte en particular.

 

No limiar Xosé Mª Lema indica que este libro nace dunha xeira de viaxes polas fisterras atlánticas. Por que deterse en Breizh en lugar doutras fisterras percorridas polo Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte como Cornualles, Eire …?

Esta viaxe tiña un substrato e unha vinculación moi importante coa nosa tradición literaria e cultural. Todos eses sitios que ti ves de nomear evidentemente tamén son fisterras atlánticas, pero a min apetecíame poetizar Bretaña, principalmente por iso que veño de te comentar, por ser partícipe dunha tradición cultural e literaria que ven dende atrás. Evidentemente tamén hai unha vinculación de Galicia con outras terras, como con Irlanda, por exemplo. Pero é sen dúbida moito menor que con Bretaña.

 

Mans mariñeiras/escochando sardiñas/nun mar de séculos

Percorremos con vostede a costa bretoa pero semella que asistimos a escenas diarias de calquera vila mariñeira do atlántico galego. Partíllanse vivencias.

Ese haiku nace da constatación (visión) de que os oficios do mar na Bretaña son moi semellantes aos que te atopas en Galicia. Cando visitas un museo mariñeiros bretóns as imaxes que atopas son similares ás do Museo da Pesca de Fisterra, por poñer un exemplo. Velaí o diálogo xerado entre dúas (fis)terras moi próximas entre si.

 

A pesar dos miles de quilómetros o pasado toma forma de vellos sabores a pan ou a manteiga.

Seguimos con ese diálogo entre Galicia e Bretaña. Na Bretaña hai cidades medievais moi ben conservadas. Son vilas que me lembraban a outras galegas, como Compostela, onde moitas rúas aínda manteñen os antigos nomes de profesións e outras que aínda son perfectamente recoñecibles, como a antiga praza do Pan, agora de Cervantes.

Son lembranzas que te levan á infancia pero tamén –evidentemente- a séculos atrás: aos rueiros cos oficios e profesións antigas, vencellados aos oficios ben do campo ben do mar, no caso de vilas costeiras.

 

O silencio, o desasosego, o desamparo toman forma neste libro.

Unha das últimas xornadas desta viaxe levounos a un punto, entre Bretaña e Normandía, que era Mont-Saint Michel. Trátase dun santuario beneditino rodeado por auga. Cando baixa a marea é posible acceder á abadía e cando sube a marea queda illado polo mar. Mont-Saint-Michel é un lugar de grande afluencia onde un ten que facer o esforzo de concentración para obter ese silencio co que foi concibido ese lugar. Velaí a contradición, un lugar para a oración convertido nun tumulto de xentes e de ruídos.

 

Chateaubriand, Monet, Gauguin, Renoir… Son personaxes que aparecen e desaparecen neste Breizh.

Non son referencias gratuítas senón que son artistas, poetas, pintores que tiveron unha forte presenza neses lugares. Fago esas alusións en relación cos sitios onde estiveron. Cando falo de que Paul Gauguin enche as crêpes en Pont-Aven é unha referencia á turistización desa vila, onde ti vas tomar un café e as panos son reproducións de Gauguin, os cadros son reproducións de Gauguin… É unha mercantilización que tamén quería recoller.

 

Casas de cores/na ollada de Renoir/ nace o asombro

Sen coñecer Douarnenez podes imaxinar esa vila.

Hai esa suxestión e hai un fío que te leva á obra de Renoir, que estivo alí. Renoir viuno, sorprendeuse e pintouno. Se para el daquela foi un asombro tamén pode selo para nós.

Neste punto que volver incidir en que Breizh é un caderno de viaxes. Si. Pero un caderno de viaxes para suxerir; en Breizh non atoparás explicacións a nada.

 

Emprégase a toponimia en bretón, unha lingua que quizabes estea nunha situación incluso peor ca galega. Cal é a relación do paisano bretón coa súa paisaxe, coa súa cultura e coa súa lingua?

Culturalmente vívena posiblemente cun sentido en clave máis nacional do que podemos ter en Galicia, pero en canto á lingua non. O estado Francés é moi centralista, non apoia en nada as linguas minoritarias contradicindo incluso a Carta Europea das Linguas Minoritarias. Todas as iniciativas que xurdiron en Bretaña naceron por parte de sociedade civil. As escolas que se falan de Diwan son proxectos privados que non teñen nada que ver cos organismos oficiais, o que fixo que a lingua bretoa estea nun proceso de recuperación moi lento. Logo hai outro problema, que en Bretaña non existe a unidade lingüística que temos nós co galego. En Bretaña hai unha zona onde se fala o galo e noutras rexións o bretón non existe. Na zona que nós visitamos , a fisterra, si que está máis bretonizada. Pola contra, en Bretaña existe un tecido asociativo moi dinámico.

 

Remata vostede Breizh cun epílogo titulado París.

Quíxeno diferenciar como un epílogo. Non ten nada que ver co resto do libro. Na viaxe de volta fixemos escala en París e quería contrapoñer a imaxe típica dese París da luz, do amor... coa imaxe que eu atopei: un París escuro e chuvioso. En certa medida é unha maneira de demostrar que as cousas poden verse de varias maneiras. Velaí o cerne deste caderno.

 

Santiago de Compostela. Abril, 2013

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!