Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

As horas rotas (Sotelo Blanco) de Chelo Suárez Muíños

Rate this item
(6 votes)
Fermosa, evocadora, turbadora, cruel... son algúns dos cualificativos que veñen ao lector tras ler As horas rotas (Sotelo Blanco) de Chelo Suárez Muíños, obra gañadora do Lueiro Rey de Novela Curta 2010. Centrada nos terribles acontecementos da Guerra Civil, Suárez Muíños, como Penélope, tece e destece unha historia que nos levará, saltos temporais mediante, a contar a historia de Antía. De Antía pero tamén da súa familia, da cidade, de todo un país. As horas rotas devólvenos a Chelo Suárez Muíños. Poeta transmutada en novelista -ou viceversa-, rezuma na súa prosa a sensibilidade da poesía. Unha dualidade que levará ao lector a ver e sentir, vivir e padecer, a fermosa sensación da dor feito verso; ou quizabes ao contrario, e comprenderá, padecerá en carne propia unha historia pola que tiveron que sofrer moitos cidadáns por mor da barbarie fascista.
 

 


 

Tomando as palabras dun dos personaxes de As horas rotas, estamos diante dun libro que ten como escenario unha paisaxe de “amor e morte”.

Eu estiven dende sempre moi intrigada co tema de Guerra Civil. Fun unha nena da posguerra e naquel tempo, ao estar tan preto a fin de guerra, non se amentaba nada dela. Cos anos funme decatando do que pasara, de que un tío meu de dezasete anos morrera na contenda ou que meu pai estivo perseguido por ser da CNT. As guerras son a peor cousa que pode haber. Foi horrible, mais eu estaba impresionada.

Decidín escribir sobre a guerra. Tiña algúns apuntamentos e pensaba sobre o que podía aportar eu, que é o que tiña que contar. Non pretendía escribir unha historia da Guerra Civil ao estilo clásico. Quería facer algo diferente e ao final o resultado é o que se ve en As horas rotas: a historia de dúas familias, que sen ter culpa de nada vense involucradas no medio da loita. Cada unha das familias conta cun fillo e toman refuxio nunha casa de campo, na aldea, para pasar os anos máis duros da guerra. O libro reflicte moitos dos aspectos que xorden nestes ambientes bélicos, como son a traizón, familias esnaquizadas, a morte...

Aínda que recoñezo que pode ser un libro dramático é moi real.

 

Fía en As horas rotas un relato coral baseado nos acontecementos da Guerra Civil. Unha historia a varias voces unida cos elos da violencia, a traxedia, ... conformando unha cadea que motiva unha peregrinación ás orixes, mentres se tece ese pano sentimental da construción da memoria.

A historia vai avanzando cara diante e cara atrás no tempo, pero sen chegar a perder en ningún momento o fío da historia, penso eu. Conxúganse basicamente a voz do narrador coa de Antía, á que poderíamos denominar a protagonista desta novela. Logo, en medio, entrelázanse historias que teñen visos de realidade, aínda que pasados polo filtro da imaxinación, como son a historia do Perborol ou da nena que viaxa coa nai no tren cara Asturias.

 

Que referencias tomou para a escritura de As horas rotas? Que pesou máis? Outras novelas, lembranzas, feitos reais, silencios rotos...

Hai que ter en conta que en Galicia, na Guerra Civil e no período de posguerra, non houbo unha fronte aberta, pero si existiu moita represión. Por exemplo, o acontecemento que se conta na novela do asasinato da muller do Gobernador de A Coruña, embarazada e tirada na cuneta, é real*. Por sorte, nos últimos anos saíron moitos libros contando o que realmente sucedeu nese período, moitas historias, silencios que tomaron voz. Todo iso axudoume para escribir esta novela. A min non me gusta meterme con ninguén, pero quero contar a verdade, aínda que a máis dun lle doa. E As horas rotas é o meu gran de area para falar dese tempo.

*Juana Capdevielle, dona de Francisco Pérez Carballo, gobernador civil de A Coruña, apareceu asasinada nunha cuneta en Rábade o 18 de agosto de 1936. Máis información na Galipedia e en culturagalega.org

 

Nun escenario bélico dous rapaces, David e Antía, viven un espertar á vida, ao amor. A fraga de Taboira convértese para eles nun pequeno mundo que lles anestesia de todo ese sangre e lume que asolaga o país.

Hai un momento moi fermoso. Cando David e Antía, no faiado da casa, danzando, caen e os seus beizos se xuntan. Antía decátase de que ese bico é diferente ao bico dun neno.

Na fraga Antía e David atopan o amor. E ese amor contrasta cos feitos que están a suceder fora dela, a violencia. A natureza sérvelles de refuxio e salvación, no bosque séntense a salvo, illados de todo horror.

Eu na natureza sentinme a salvo de todo. Canda noviña marchabamos toda a familia ao campo, a Oza dos Ríos. Alí sentíame eu un pouco como Antía.

Dous dos personaxes que teñen máis forza en As horas rotas son Laura e Estela, dúas mulleres liberais, republicanas, lectoras de Safo, que crean un niño de amor por mor de todas as cousas terribles que pasan ao seu redor.

Si, por mor das circunstancias tan terribles que padecen. Tal e como conto no libro, elas se “borran con caricias” todo o que lles ocorre. Elas quérense, pero cun amor moi limpo. Despois de padecer todo o que pasan, elas pensan que os homes son os amos da guerra, os señores fálicos da guerra. A min pareceume que acaía moi ben na historia que elas atopasen o consolo amándose.

 

Dende aquela Flor de xiz (Primerapersona) que publicou no 2003 unha fervenza poética rompe contra a prosa das súas novelas. Unha poesía que bebe por partes iguais da nosa tradición do realismo máxico pasado por un filtro lorquiano. E velaquí o resultado: unha prosa de gran poder evocador.

Lorca é o meu poeta predilecto, de sempre me impresionou moito a súa poesía. De feito, nun capítulo de As horas rotas dáse conta da súa morte. Por outra banda na miña casa sempre se viviu un ambiente de realismo máxico [risos]. O meu avó era un gran narrador. Eu lémbrome del contando historias e toda a familia arredor escoitando. Eu crieime cos meus avós e el me contaba cousas, levábame ao porto, subíame aos barcos... Nese sentido penso que herdei moito del.

Pola miña vea poética eu sintetizo moito, en tres páxinas podo dicir todo o que quero contar. Entón, para que vou escribir máis, por que alongar innecesariamente a historia? Creo que unha palabra axeitada ten máis forza e é capaz de evocar máis que unha descrición.

 

Para Antía as feridas non acougan, cos anos seguen a sangrar. Poden estas cicatrizar algunha vez?

A xente ten a capacidade de asumir as circunstancias que lle acontecen. Ao igual que as alegrías pasan rápido as dores asúmense pero marcan, fican dentro dun. Eu penso que a Antía sucédelle iso, pasa unha vida moi dramática e ten ganas de volver a Taboira para ver se é quen de perdoar eses anos horrorosos.

Pero realmente o bonito de Antía é esa carta que lle escribe o pai á nai xusto antes da guerra, onde fala do Fénix español de Madrid. A figura do Fénix a min interésame moito, porque é quen de renacer das súas cinzas e o que hai que facer contra as adversidades. Aínda que queden as marcas, hai que sobrepoñerse a todo.

 

 

A Coruña. Abril 2011

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!