Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Destacado >

Últimas novas >

publicidade

Tal día como hoxe >

27
Xun
1905. Celébrase a Xunta Xeral de Constitución da Asociación Iniciadora e Protectora da Academia Galega
27
Xun
1928. Publícase O Estudante, terceira e última parte de Os camiños da vida, de Otero Pedrayo
27
Xun
1931. Proclámase de forma efémera a I República Galega, con Alonso Ríos como presidente da Xunta Revolucionaria
27
Xun
1951. O poeta e músico Baldomero Iglesias 'Mero', nace en Vilalba
27
Xun
1963. Nace en Vigo o escritor Fran Alonso
27
Xun
1984. O goberno de Galicia crea as medallas Castelao

O libro da semana >

Premios >

Premios liteararios

 

SELIC 2019, en Compostela

Categoría
Feiras
Data
Venres, 07 Xuño 2019 00:00 - Domingo, 16 Xuño 2019 23:59

A praza da Quintana de Santiago de Compostela acolle dende hoxe e ata o 16 de xuño a III edición da SELIC, a Semana do Libro de Compostela.

A exposición de librarías e editoriais irá acompañada dun amplo programa de actividades ao redor da literatura, con presentacións de libros, propostas infantís ou actuacións musicais. Nesta ocasión, a cidade invitada será La Habana, cadrando co do 500 aniversario da capital cubana.

A SELIC convértese deste xeito nun evento onde o libro e a literatura serven de fío condutor para ducias de actividades dirixidas a públicos moi diferentes. A programación prestará especial atención ao público infantil, e para eles haberá obradoiros de creación de banda deseñada ou de minicontos, actuacións musicais de nomes tan recoñecidos polas crianzas como o de Paco Nogueiras, contacontos ou representacións teatrais.

No programa da Semana do Libro de Compostela incluíronse tamén varios paseos guiados pola cidade, como o que dirixirá X.A. Perozo para descubrir "as lendas veridicamente falsas de Santiago"; o deseñado por Helena Villar "acerca das palabras", o proposto por Inma López Silva "sobre a Compostela dos libros propios e alleos" ou o que terá como guía a Manuel Portas. Na SELIC haberá tamén moita música, coa participación de Grampoder, Jamila Purofilin, Sergio Cobos, Xurxo Souto ou aCentral Folque. Haberá tamén teatro e recitais poéticos.

En canto ás presentacións de libros, pola carpa da praza da Quintana pasarán autores como José de Cora, Estevo Craus, Lucía Aldao, Paula Carballeira, Cristina Domercq ou María Xosé Porteiro. Serán moitos outros autores e autoras os que participen nas moitas conversas e mesas redondas incluídas no programa, como Diego Ameixeiras, Alejandro Tobar, Sixto Gómez Echemendia, Jean Pierre Garnier, Susana Aríns ou Celso Fernández Sanmartín.

Ver o programa completo premendo AQUÍ.

A praza da Quintana de Santiago de Compostela acolle dende hoxe e ata o 16 de xuño a III edición da SELIC, a Semana do Libro de Compostela.

Novamente, a exposición de librarías e editoriais irá acompañada dun amplo programa de actividades ao redor da literatura, con presentacións de libros, propostas infantís ou actuacións musicais. Nesta ocasión, a cidade invitada será La Habana, cadrando co do 500 aniversario da capital cubana.

 
 

Todas as datas

  • De Venres, 07 Xuño 2019 00:00 a Domingo, 16 Xuño 2019 23:59

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
2
3
17
23
24
25
26
29
30

Exposicións >

No upcoming event!

Atópanos en >

icona facebook       icona twitter

De actualidade >

Conversas >

Literatura Infantil e Xuvenil >