Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Destacado >

Últimas novas >

publicidade

Tal día como hoxe >

No event today!

DE LECTURAS >

 

Premios >

Premios liteararios

 

XV edición do Simposio "O libro e a lectura", en Compostela

Categoría
Cursos e conferencias
Data
Xoves, 15 Novembro 2018 10:00
Lugar
Consello da Cultura Galega - Pazo de Raxoi - Pza. do Obradoiro. Santiago de Compostela

Poesía, a luz apagada? é o lema do simposio sobre o libro e a lectura que organiza a Asociación Galega de Editoras e o concello de Santiago de Compostela, en colaboración con CEDRO e o goberno de Galicia. O encontro O libro e a lectura alcanza así a súa edición número 15, que se celebrará o xoves 15 e durante a mañá do venres 16 no auditorio do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi - Pza. do Obradoiro) de Santiago de Compostela.

Esta edición do simposio O libro e a lectura reúne a diferentes expertos e promotores da edición e difusión da poesía coa finalidade de ofrecer formación sobre o tema ao sector e ao público en xeral. Trátase dun encontro profesional onde se conversará, debaterá e reflexionará sobre a edición e visibilidade do xénero da poesía a través de diversas canles e experiencias.

Dúas conferencias, dúas mesas redondas, un panel de experiencias, unha actuación-performance e un recital poético vertebran un programa que se inicia o xoves 15 de novembro, ás 10.00 h. Yolanda Castaño encargarase da conferencia de apertura. Seguiralle o panel de experiencias Da edición á creación, con Paz Castro, Antía Otero, Isaac Xubín e Leire Bilbao (12.30 h.).

As sesións continúan na tarde do xoves, ás 16.30 h., coa mesa redonda "Novos camiños para a poesía", a cargo de Marcus Daniel Cabada (revista Ligeia), Anxos Rial (mestra e mediadora de lectura) e a poeta Celia Parra. Ás 18.30 h., Cinta Adhesiva ofrecerá unha actuación-performance para pechar a xornada do xoves.

O venres 16 de novembro, iniciarase a segunda xornada do simposio ás 10.00 h., coa mesa redonda "Canles de visualización", con Quico Valeiras, da libraría Chan da Pólvora; Nuria Vil e Lara Dopazo. Seguiralle o recital poético, ás 12.00 h., a cargo de Emma Pedreira, María Lado e Movemarcos (Leo e Xubín). Finalmente, Antonio García Teijeiro, encargarase da conferencia de peche das xornadas (ás 13.00 h.).

As sesións do XV Simposio da AGE están abertas ao público, que pode inscribirse de balde ata cubrir as prazas (aforo 100 persoas) no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 
 

Todas as datas

  • Venres, 16 Novembro 2018 10:00
  • Xoves, 15 Novembro 2018 10:00

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!

Atópanos en >

icona facebook       icona twitter

De actualidade >

Conversas >

Literatura Infantil e Xuvenil >