Print this page

Xaneiro

 

1 de xaneiro

1 de xaneiro de 1818. Nace en Compostela o historiador, economista e xurista Manuel Colmeiro Penido
1 de xaneiro de 1898. Nace na Coruña María Luz Morales Godoy, xornalista, editora e primeira muller que dirixiu un xornal no Estado español
1 de xaneiro de 1916. Aparece en Bos Aires o primeiro número da revista Suevia, dirixida por Joaquín Pesqueira
1 de xaneiro de 1929. A editorial Nós publica Unha impresión da Galicia do sul no derradeiro ano do século XVIII, escrito por Ramón Otero Pedrayo
1 de xaneiro de 1931. Nace na Coruña o sacerdote e escritor Xosé Luís Laredo Verdejo
1 de xaneiro de 1939. O curtense Francisco Sánchez García, 'Antón de Pepiño', falece en Compostela aos 65 anos. Era escritor e xornalista
1 de xaneiro de 1945. Nace en Rianxo Xosé Luís Axeitos
1 de xaneiro de 1952. A historiadora Mercedes Gallego nace en Ourense
1 de xaneiro de 1957. Nace en Monforte de Lemos o pintor e escritor Antón Patiño
1 de xaneiro de 1965. O escritor Xosé Monteagudo nace en Moraña
1 de xaneiro de 1971. O poeta e artista plástico Baldo Ramos nace en Celanova

2 de xaneiro

2 de xaneiro de 1858.Nace en Vigo o historiador, avogado e escritor José de Santiago y Gómez
2 de xaneiro de 1899. O escritor Masdías Sánchez nace en Irixoa
2 de xaneiro de 1928. O sacerdote e escritor Antonino Cerviño González falece aos 75 anos en Tui
2 de xaneiro de 1936. O escritor Manuel Caamaño Suárez nace en Noia
2 de xaneiro de 1963. Nace en Ferrol o escritor Xesús Constela
2 de xaneiro de 1971. O antropólogo, profesor e escritor Rafael Quintía nace en Vigo

3 de xaneiro

3 de xaneiro de 1816. O xornalista e escritor Isidoro Araújo de Lira nace en Bouzas (Vigo)
3 de xaneiro de 1874. Curros Enríquez publica “A fouce do avó” en “El Heraldo Gallego”
3 de xaneiro de 1914. Nace en Quiroga o escritor Eduardo Moreiras Collazo
3 de xaneiro de 1935. Fina na Guarda o poeta vigués Feliciano Rolán Vicente. Tiña 27 anos
3 de xaneiro de 1956. En Foz nace o xornalusa e escritor Juan Carlos Fernández Pulpeiro
3 de xaneiro de 1961. O profesor e escritor Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez nace en Angola
3 de xaneiro de 1976. Falece en Madrid o compostelán Luís Barreiro Paradela. Era mestre, xornalista, escritor, debuxante e militar.

4 de xaneiro

4 de xaneiro de 1872. Nace en Santa Comba o escritor Pepe de Xan Baña.

4 de xaneiro de 1882. Juan Fernández Latorre funda o xornal La Voz de Galicia
4 de xaneiro de 1897. Falece en Bos Aires o poeta e xornalista César Cisneros. Tiña 48 anos
4 de xaneiro de 1898. Nace en Bergondo o galeguista Manuel Roel Longueira
4 de xaneiro de 1910. O escritor e galeguista Elixio Rodríguez nace en Lobios
4 de xaneiro de 1912. Celso Emilio Ferreiro nace na rúa de Arriba de Celanova
4 de xaneiro de 1946. Nace en Lugo o escritor e tradutor Henrique Harguindey
4 de xaneiro de 1952. A investigadora e historiadora Ana Romero Masiá nace en Compostela
4 de xaneiro de 1960. O escritor Manuel Portas nace en Barcelona
4 de xaneiro de 1964. O escritor e investigador Xosé Manuel Maceira nace na Estrada
4 de xaneiro de 1969. A poeta Rosa Enríquez nace na Rúa
4 de xaneiro de 2010. Falece en Inglaterra, aos 79 anos, o tradutor e escritor Fernando Pérez-Barreiro Nolla

5 de xaneiro

5 de xaneiro de 1898. Nace na Coruña o escritor e xornalista Xulio Sigüenza

5 de xaneiro de 1916. Antón Villar Ponte comeza dende La Voz de Galicia a campaña para a creación dunha Liga de Amigos do Idioma Galego, orixe das Irmandades da Fala
5 de xaneiro de 1933. A Mocedade Galeguista de Celanova funda o xornal Adiante. Dirixido por Celso Emilio Ferreiro, contou como colaboradores a Florentino López Cuevillas, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Xosé Velo e Ángel Martínez Doval
5 de xaneiro de 1936. Falece en Compostela Ramón María del Valle-Inclán. Tiña 70 anos
5 de xaneiro de 1943. Nace en Porto do Son o poeta Ramón Sampedro
5 de xaneiro de 1945. O escritor Alfredo Conde nace en Allariz
5 de xaneiro de 1953. O escritor e xornalista Xosé Ramón Pousa nace en Compostela
5 de xaneiro de 1961. Publícase en Arxentina, en Follas Novas, Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas
5 de xaneiro de 1971. O escritor Estevo Creus nace en Cee
5 de xaneiro de 1988. Nace en Vigo a escritora e ilustradora Ana María Pérez Cerviño
5 de xaneiro de 2011. Falece en Tenerife, aos 90 anos, Francisco Río Barxa
5 de xaneiro de 2012. Falece na Coruña Isaac Díaz Pardo. Tiña 91 anos

6 de xaneiro

6 de xaneiro de 1845. Nace en Lerma (Burgos) Baltasar Merino, autor dunha abondosa obra sobre a flora galega
6 de xaneiro de 1946. Nace en Vilamartín de Valdeorras o escritor Xosé Rodríguez Ferrer
6 de xaneiro de 1956. Nace en Pontevedra o escritor e xornalista Xosé Enrique Acuña
6 de xaneiro de 1961. O escritor e político Xoaquín Fernández Leiceaga nace en Noia
6 de xaneiro de 1979. Falece en Vigo, aos 92 anos, o ilustrador Roberto Padín Rodríguez
6 de xaneiro de 1994. Publícase en Compostela o primeiro número do xornal O Correo Galego, máis tarde Galicia Hoxe

7 de xaneiro

7 de xaneiro de 1862. Nace en Noia o escritor e xornalista Lisardo Barreiro
7 de xaneiro de 1893. Aparece en Pontevedra o primeiro número do semanario Extracto de Literatura, fundado e dirixido por Enrique Labarta Pose
7 de xaneiro de 1913. Francisco Fernández del Riego nace en Lourenzá
7 de xaneiro de 1934. Falece o escritor e poeta Xosé María Brea Segade. Tiña 29 anos.
7 de xaneiro de 1950. Castelao falece, aos 63 anos, no exilio de Bos Aires
7 de xaneiro de 1960. O escritor, xornalista e médico Constantino Sánchez Mosquera fina en Montevideo. Tiña 73 anos.
7 de xaneiro de 1968. A poeta Iolanda Aldrei nace en Compostela

8 de xaneiro

8 de xaneiro de 1891. Nace en Muro o escritor Xosé Tobío Mayo
8 de xaneiro de 1891. Publícase en Lugo o primeiro número de O Labrego. Somanario d'intreses rexionales e literatura
8 de xaneiro de 1950. O investigador e soiólogo Argimiro Rojo nace en Ramirás
8 de xaneiro de 1957. O escritor Bieito Iglesias nace en Ourense

9 de xaneiro

9 de xaneiro de 1940. Falece en Vigo o escritor e xornalista Jaime Solá. Tiña 65 anos
9 de xaneiro de 1950. Nace no concello do Pino o escritor e antropólogo Xosé Ramón Mariño Ferro
9 de xaneiro de 1961. Nace en Negreira o escritor e historiador Amancio Liñares Giraut
9 de xaneiro de 1961. O poeta e sacerdote Celestino Cabarcos fina aos 77 anos
9 de xaneiro de 1972. O escritor e político Fuco Gómez falece na Habana aos 76 anos de idade

10 de xaneiro

10 de xaneiro de 1892. Nace na Coruña o escritor e xornalista César Alvajar
10 de xaneiro de 1892. Nace na Coruña o escritor e xornalista César Alvajar (6)
10 de xaneiro de 1912. Publícase na Habana o primeiro número da revista La Alborada
10 de xaneiro de 1920. Nace no Pereiro de Aguiar o escritor e bispo Miguel Anxo Araúxo Iglesias
10 de xaneiro de 1956. Suso de Toro nace en Santiago de Compostela
10 de xaneiro de 1959. O escritor Toño Núñez nace en Navia de Suarna
10 de xaneiro de 1960. Con só 35 anos fina na Coruña o escritor Xohán Casal

11 de xaneiro

11 de xaneiro de 1842. Aparece en Compostela o primeiro número de El Recreo Compostelano, dirixido por Antonio Neira de Mosquera
11 de xaneiro de 1859. Nace en Carballo o escritor e político Alfredo Brañas
11 de xaneiro de 1931. Pubícase en Montevideo o primeiro número do semanario Galicia Nueva, onde colaboran grandes escritores galegos
11 de xaneiro de 1946. O escritor Xosé Ramón Fandiño Veiga nace en Compostela
11 de xaneiro de 1954. Xavier Seoane nace na Coruña
11 de xaneiro de 1976. Nace en Londres a poeta Eli Ríos
11 de xaneiro de 2011. Inaugúrase en Santiago de Compostela a Biblioteca de Galicia

12 de xaneiro

12 de xaneiro de 1916. Nace na Coruña o poeta Miguel González Garcés
12 de xaneiro de 1918. O escritor e xornalista Aurelio Sanmartín Sanvicente nace en Redondela
12 de xaneiro de 1935. Nace en Lugo o escritor e intelectual galeguista Benxamín Casal
12 de xaneiro de 1951. No concello de Xermade nace o historiador Ramón Villares
12 de xaneiro de 1975. Manuel Anxo Fernández Baz, ensaísta e político, nace en Ribeira
12 de xaneiro de 1998. Falece en Boiro o poeta Ramón Sampedro. Tiña 55 anos

13 de xaneiro

13 de xaneiro de 1822. Nace en Compostela o escritor e un dos impulsores do Rexurdimento Antonio María de la Iglesia
13 de xaneiro de 1865. Falece aos 78 anos en Compostela o escritor e xornalista Vicente Turnes
13 de xaneiro de 1901. nace en Vilalba a poeta e dramaturga Carmen Prieto Rouco
13 de xaneiro de 1957. O escritor e frade Aureliano Pardo Villar fina en Padrón aos 74 anos
13 de xaneiro de 1961. Anxo Angueira nace en Dodro

14 de xaneiro

14 de xaneiro de 1882. O escritor e xornalista Manuel Lustres Rivas nace en Ribeira
14 de xaneiro de 1942. Nace nos Blancos o antropólogo e investigador Manuel Mandianes
14 de xaneiro de 1960. Falece en Mondoñedo o escritor e xornalista Eduardo Lence-Santar. Tiña 80 anos
14 de xaneiro de 1973. O ilustrador Leandro Lamas nace en Narón
14 de xaneiro de 1976. Nace en Madrid o escritor Miguel Ángel Alonso Diz

15 de xaneiro

15 de xaneiro de 1873. Nace en Betanzos o escritor e diplomático José García Acuña
15 de xaneiro de 1884. Manuel Vázquez Seijas -escritor e historiador- nace na cidade de Lugo
15 de xaneiro de 1910. Publícase en Madrid o primeiro número da revista Acción Gallega, dirixida por Basilio Álvarez
15 de xaneiro de 2009. Falece na Coruña o escritor Manoel Riveiro Loureiro. Tiña 75 anos

16 de xaneiro

16 de xaneiro de 1876. Nace en Vilagarcía de Arousa o escritor e xornalista Francisco Porto Rey
16 de xaneiro de 1895. Falece en Betanzos o poeta e xornalista Fernando García Acuña. Tiña 34 anos
16 de xaneiro de 1948. Nace en Sarria a escritora e investigadora Aurora López López
16 de xaneiro de 1949. O escritor Isaac Otero nace en Vigo
16 de xaneiro de 1951. Fina en Bos Aires, aos 59 anos, o escritor Francisco Lanza
16 de xaneiro de 1952. En Ribadavia nace o crítico literario e ensaísta Manuel Rodríguez Alonso
16 de xaneiro de 2000. O escritor polígrafo Dionisio Gamallo Fierros morre aos 85 anos en Madrid
16 de xaneiro de 2008. O escritor e militar Enrique Vigo Teijeiro fina en Fene. Tiña 93 anos

17 de xaneiro

17 de xaneiro de 1891. Nace en Compostela Antón Iglesias Vilarelle, mestre, músico e membro da RAG
17 de xaneiro de 1961. O escritor e xornalista Antón Lopo nace en Monforte de Lemos
17 de xaneiro de 1993. Fina en Roses o escritor e mestre Luis Bazal. Tiña 87 anos
17 de xaneiro de 2002. Camilo José Cela fina en Madrid. Tiña 83 anos
17 de xaneiro de 2019. Falece na Coruña o escritor e xornalista Arturo Lezcano. Tiña 79 anos

18 de xaneiro

18 de xaneiro de 1882. O escritor e frade Aureliano Pardo Villar nace en Arzúa
18 de xaneiro de 1929. Falece en Compostela o escritor e frade Celestino García Romero. Tiña 73 anos
18 de xaneiro de 1934. Nace en Meira o editor e fundador de edicións do Cumio Carlos Blanco Yáñez
18 de xaneiro de 1961. O escritor e xornalista Fortunato Cruces falece aos 90 anos en Bos Aires

19 de xaneiro

19 de xaneiro de 1855. Nace en Boiro o escritor e frade Celestino García Romero
19 de xaneiro de 1899. Sebastián Martínez-Risco nace en Ourense. Foi escritor e presidente da RAG
19 de xaneiro de 1918. Falece en Noia o escritor e sacerdote Eladio Oviedo Arce
19 de xaneiro de 1930. Uxío Novoneyra nace en Folgoso do Courel
19 de xaneiro de 1942. O escritor e psiquiatra Fidel Vidal Pérez nace en Ribeira
19 de xaneiro de 1961. O ensaísta, economista e político Xavier Vence nace en Rodeiro
19 de xaneiro de 1989. Con 80 anos falece o escritor e crego Enrique Chao Espina
19 de xaneiro de 1951. O escritor e xornalista José Ramón Lence fina en Bos Aires. Tiña 76 anos
19 de xaneiro de 2002. O escritor Xoán Manuel Casado falece aos 51 anos

20 de xaneiro

20 de xaneiro de 1850. Nace en Santiago de Compostela o poeta, xornalista e historiador Bernardo Barreiro
20 de xaneiro de 1916. Falece en Cangas Xulio Alonso Sánchez, escritor, avogado e notario. Tiña 56 anos
20 de xaneiro de 1949. Nace en Cospeito Xesús Rábade Paredes
20 de xaneiro de 1958. O escritor Xoán Ramiro Cuba nace en Lugo
20 de xaneiro de 1961. Manuel Martínez Barreiro, escritor e xornalista, nace en Caracas

21 de xaneiro

21 de xaneiro de 1911. O lingüista e escritor Anibal Otero nace na Ribeira do Piquín
21 de xaneiro de 1980. Xosé Luís García Mato, escritor e mestre, falece en Vilalba
21 de xaneiro de 2003. Nace o proxecto Blogaliza

22 de xaneiro

22 de xaneiro de 1855. Nace en Lugo o escritor, xornalista e político Aureliano Pereira
22 de xaneiro de 1898. Lois Carré Alvarellos, escritor e etnógrafo, nace na Coruña
22 de xaneiro de 1936. Nace en Tui o escritor e médico Darío Álvarez Gándara

23 de xaneiro

23 de xaneiro de 1846. Nace en Vilalba o escritor e historiador Manuel Mato Vizoso
23 de xaneiro de 1895. O escritor e político Juan Tizón nace na Coruña
23 de xaneiro de 1926. Castelao publica na editorial Lar o primeiro volume de Cousas

24 de xaneiro

24 de xaneiro de 1883. En Pontevedra nace Prudencio Canitrot, escritor e pintor
24 de xaneiro de 1886. Nace na Coruña o escritor, historiador e arqueólogo Ángel del Castillo
24 de xaneiro de 1952. O escritor Anxo Rei Ballesteros nace en Boqueixón
24 de xaneiro de 1964. Nace en Panamá o escritor Xerardo Méndez

25 de xaneiro

25 de xaneiro de 1902. Nace en Corcubión o tradutor e escritor Plácido Castro
25 de xaneiro de 1902. Nace en Corcubión o tradutor e escritor Plácido Castro (6)
25 de xaneiro de 1943. Falece en Ortigueira o arqueólogo e historiador Federico Maciñeira. Tiña 72 anos
25 de xaneiro de 1962. O poeta Eusebio Lorenzo Baleirón nace en Dodro
25 de xaneiro de 1965. O escritor Rafael Laso Lorenzo nace en Xinzo de Limia
25 de xaneiro de 1981. O historiador Alfredo García Alén falece aos 77 anos
25 de xaneiro de 1986. Con 84 anos falece en Ourense o escritor e xornalista Ricardo Outeiriño

26 de xaneiro

26 de xaneiro de 1826. Nace en Lugo o editor e escritor Manuel Soto Freire
26 de xaneiro de 1935. En Trasmirás nace o lexicógrafo e ensaísta Isaac Alonso Estraviz
26 de xaneiro de 1955. O poeta Francisco Salinas Portugal nace en Bande
26 de xaneiro de 1974. A investigadora Eulalia Agrelo Costas nace na aldea rianxeira de Asados

27 de xaneiro

27 de xaneiro de 1924. Aparece en Vigo o primeiro número do xornal El Pueblo Gallego
27 de xaneiro de 1951. Nace no Irixo o poeta Cesáreo Sánchez Iglesias
27 de xaneiro de 1957. Nace en Pontedeume o escritor Ramiro Fonte
27 de xaneiro de 1999. Fina en Salamanca o ferrolán Gonzalo Torrente Ballester

28 de xaneiro

28 de xaneiro de 1898. Nace na provincia de Zamora o lingüista Abelardo Moralejo Laso
28 de xaneiro de 1908. Nace na Coruña o ilustrador e pintor Urbano Lugrís González
28 de xaneiro de 1928. Falece en Compostela o escritor Xesús Fernández González. Tiña 51 anos
28 de xaneiro de 1930. Falece con tan só 30 anos, tuberculoso, o poeta Manuel Antonio
28 de xaneiro de 1957. O escrito e etnógrafo Xosé Luís Otero Cebral nace en Toques

29 de xaneiro

29 de xaneiro de 1868. Nace en Maside o escritor, xornalista e médico Manuel Lois Vázquez
29 de xaneiro de 1893. Nace en Abegondo o escritor Xesús Calviño de Castro
29 de xaneiro de 1899. Rafael Dieste nace na rúa de Abaixo de Rianxo
29 de xaneiro de 1899. Rafael Dieste nace na rúa de Abaixo de Rianxo (2)
29 de xaneiro de 1929. A editorial Nós publica a peza dramática A Lagarada, escrita por Ramón Otero Pedrayo
29 de xaneiro de 1931. En Nogueira de Ramuín ven ao mundo o escritor Xosé Fernández Ferreiro
29 de xaneiro de 1953. O investigador e político Lois Pérez Leira nace en Vigo
29 de xaneiro de 1964. Nace en Lugo o poeta Manuel Xosé Neira López
29 de xaneiro de 1974. Nace en Bergondo o escritor Xabier López López
29 de xaneiro de 1975. A poeta e ensaísta Olga Novo nace na Pobra do Brollón
29 de xaneiro de 2018. O escritor, tradutor e xornalista Javier Alfaya falece en Madrid aos 78 anos

30 de xaneiro

30 de xaneiro de 1886. Na Rúa de Abaixo de Rianxo nace Castelao
30 de xaneiro de 1905. Nace en Ourense o escritor, editor e mestre Armando Fernández Mazas
30 de xaneiro de 1907. Hipólito de Sá Bravo, escritor e historiador, nace en Pontevedra
30 de xaneiro de 1978. Nace en Alemaña o escritor e profesor Lito Vila Baleato
30 de xaneiro de 1996. Falece aos 95 anos o escritor e xornalista José Gómez Posada-Curros

31 de xaneiro

31 de xaneiro de 1820. Nace en Ferrol Concepción Arenal
31 de xaneiro de 1867. Nace na Coruña o escritor e antropólogo Manuel Amor Meilán
31 de xaneiro de 1898. O escritor Xavier Bóveda nace en Gomesende
31 de xaneiro de 1925. A editorial Lar publica Os probes de Deus, novela de Luís Amado Carballo
31 de xaneiro de 1933. Na cidade de Ourense nace Pedro Gómez Antón, escritor, xornalista e crego
31 de xaneiro de 1940. Xosé Lois Ripalda González nace en Carballedo