1 de setembro de 1903. Aparece o primeiro número de Tierra Gallega, periódico editado na Coruña e dirixido por Eladio Fernández Diéguez
1 de setembro de 1946. Joaquín Arias Sanjurjo, escritor, xornalista e avogado, fina aos 86 anos en Compostela
1 de setembro de 2014. Falece en Compostela Manuel Lucas Álvarez, historiador e membro correspondente da RAG. Tiña 97 anos
2 de setembro de 1822. Nace en Betanzos o escritor e xornalista Antolín Faraldo
2 de setembro de 1948. O escritor Carlos G. Reigosa nace na Pastoriza
3 de setembro de 1834. Nace en Vila de Cruces o escritor Luís Otero Pimentel
3 de setembro de 1870. Nace en Mañón o arqueólogo e historiador Federico Maciñeira
3 de setembro de 1927. O poeta Luís Amado Carballo falece en Pontevedra aos 26 anos
3 de setembro de 1930. Falece en Pontevedra o poeta Juán Bautista Andrade
3 de setembro de 1986. O poeta e dramaturgo Tomás Barros falece na cidade da Coruña
4 de setembro de 1906. Falece en Ourense o escritor e xornalista Valentín Lamas Carvajal
4 de setembro de 1910. Empeza a publicarse na Habana a revista literaria Suevia
4 de setembro de 1952. O poeta e pintor Xabier Correa Corredoira nace na Coruña
5 de setembro de 1885. O escritor Uxío Carré Alvarellos nace na cidade da Coruña
5 de setembro de 1931. Nace en Lalín Xosé García Oro, relixioso e autor dunha abondosa obra sobre a historia do Reino de Galicia
6 de setembro de 1928. Publícase o poemario Cantigas e verbas ao ar (Nós) de Xulio Sigüenza Raimúndez
7 de setembro de 1940. Falece en Madrid o escritor e xornalista Aurelio Ribalta, un dos impulsores das Irmandades da Fala
7 de setembro de 1941. Nace en Mondoñedo o escritor César Cunqueiro, fillo de Álvaro Cunqueiro
7 de setembro de 1972. A escritora, contacontos e actriz Paula Carballeira nace en Fene
7 de setembro de 2004. Apróbase por unanimidade no Parlamento de Galicia o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega
8 de setembro de 1872. Nace en Carballo o escritor e político Xesús San Luís Romero
8 de setembro de 1955. Nace o editor e escritor Olegario Sotelo Blanco
8 de setembro de 1969. O poeta e contacontos Celso Fernández Sanmartín nace en Lalín
8 de setembro de 2004. O poeta Manuel María falece na Coruña. Tiña 74 anos.
9 de setembro de 1872. Nace en Carballo o escritor Xesús San Luís Romero
9 de setembro de 1926. Emilio Álvarez Negreira, poeta e xornalista, nace en Pontevedra
9 de setembro de 1931. O escritor e investigador Xosé Luís Allué Andrade nace en Monforte de Lemos
10 de setembro de 1887. Nace en Ourense o escritor Antonio Valcárcel López de Lemos
11 de setembro de 1891. Falece en Vedra o escritor Benito Losada Astray
11 de setembro de 2002. Morre o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño en Compostela, tiña 52 anos.
12 de setembro de 1874. Nace en Ourense o poeta e autor teatral Prado Lameiro
12 de setembro de 1914. Nace na Coruña Fernando Mon Rodríguez, escritor e xornalista
12 de setembro de 1917. Falece en Viveiro José Antonio Parga Sanjurjo, escritor e membro da RAG
12 de setembro de 1936. Asasinan en Ferrol ao escritor e intelectual galeguista Arturo Noguerol
12 de setembro de 1936. O escritor Xoán Xesús González é fusilado polos fascistas no cemiterio de Boisaca, Santiago de Compostela
12 de setembro de 1942. A escritora Marina Mayoral nace en Mondoñedo
12 de setembro de 1949. Na Golada nace a escritora e mestra Maruxa Barrio
12 de setembro de 1958. Luís Rei Núñez, escritor e xornalista, nace na Coruña
12 de setembro de 1958. O escritor e xornalista Alfonso Armada Rodríguez nace en Vigo
12 de setembro de 1989. O filólogo e político Ramón Martínez López fina en Pontevedra. Tiña 82 anos
12 de setembro de 2017. Falece en Vigo a escritora Xohana Torres. Tiña 85 anos
13 de setembro de 1933. Nós publica a peza teatral Pepa Andrea. Novela iñota de Pedro Guimarey
13 de setembro de 1949. Nace en Santiago de Compostela o escritor e xornalista Xosé Manuel Rivas Troitiño
13 de setembro de 1965. Nace en Vigo o ilustrador Víctor Rivas
13 de setembro de 1996. Xosé Filgueira Valverde, escritor polígrafo e fundador do Seminario de Estudos Galegos, falece en Pontevedra aos 89 anos
14 de setembro de 1858. Nace en Ortigueira o poeta e autor teatral Ramón Armada Teixeiro
14 de setembro de 1881. Falece en Ourense Juan Antonio Saco y Arce, escritor e autor da primeira Gramática da lingua galega
14 de setembro de 1897. O escritor Eduardo Blanco Amor nace en Ourense
14 de setembro de 1947. O historiador Enrique Santos Gayoso nace na Coruña
14 de setembro de 1952. Nace en Ponteceso o historiador Eduardo Pardo de Guevara
14 de setembro de 1952. Nace na Coruña o escritor e poeta César Antonio Molina
14 de setembro de 1953. Ramón Vilar Ponte, escritor e ensaísta, falece na Coruña aos 63 anos.
14 de setembro de 1972. Nace en Pontevedra o humorista gráfico Luís Dávila
14 de setembro de 1982. A poeta Antía Otero nace na Estrada
14 de setembro de 1988. Manuel Hermida Balado, escritor e xornalista, fina aos 89 anos en Monforte
15 de setembro de 1811. Nace en Viveiro o escritor, xornalista e político Nicomedes Pastor Díaz
15 de setembro de 1851. Manuel Curros Enríquez nace en Celanova
15 de setembro de 1918. Aparece en Montevideo Galicia Nueva,semanario bilingüe dirixido por José María Barreiro
15 de setembro de 1950. O crítico literario, escritor e tradutor Xesús González Gómez nace na Rúa
15 de setembro de 1971. Fina na Habana Eduardo Núñez Martínez, escritor e xornalista. Tiña 83 anos
15 de setembro de 2013. Falece en Pontevedra aos 81 anos Olimpio Liste, etnógrafo e mestre.
16 de setembro de 1786. Nace en Compostela o escritor e xornalista Vicente Turnes
16 de setembro de 1851. A escritora Emilia Pardo Bazán nace na Coruña
16 de setembro de 1904. En Negreira nace Xulián Magariños, escritor e un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos
16 de setembro de 1935. O escritor e lingüista Ramón Lorenzo nace en Ames
16 de setembro de 1947. Clodio González Pérez, escritor e etnógrafo nace en Cenlle
16 de setembro de 1974. Fina en Compostela o escritor Silvio Santiago
16 de setembro de 1976. Nace o escritor Daniel Landesa
16 de setembro de 1985. Nace en Moaña a poeta Alba Méndez
16 de setembro de 2017. Fina en Beariz o escritor e político Bautista Álvarez
16 de setembro de 2020. Falece na Coruña o escritor e xornalista Albino Mallo. Tiña 91 anos
17 de setembro de 1923. Falece na Coruña o sindicalista, xornalista e escritor José Suárez Duque
17 de setembro de 1954. Nace no Valadouro o dramaturgo Xesús Pisón
17 de setembro de 1979. Nace en Ourense a escritora e profesora Anna R. Figueiredo
18 de setembro de 1899. Nace na Coruña o escritor, xornalista e membro da RAG José Luís Bugallal Marchesi
18 de setembro de 1956. Ofelia Rey Castelao, historiadora e investigadora, nace na Estrada
18 de setembro de 1962. Nace na Coruña o escritor Xosé Henrique Rivadulla Corcón
18 de setembro de 1963. A escritora Mar Guerra Cid nace en Madrid
18 de setembro de 1967. O escritor Uxío Carré Alvarellos falece na cidade da Coruña aos 82 anos
19 de setembro de 1938. Falece en Compostela Pablo Pérez Costanti, escritor, arquiveiro e membro fundador da RAG
19 de setembro de 1979. A escritora Ledicia Costas nace en Vigo
20 de setembro de 1846. Nace en Ortigueira o escritor polígrafo Benigno Teijeiro Martínez
20 de setembro de 1955. Miguel Anxo Fernández, escritor e investigador, nace no Carballiño
20 de setembro de 1958. Falece en Bos Aires José Rodríguez de Vicente 'Joselín', xornalista e contacontos
20 de setembro de 1981. Nace no Carballiño o autor teatral Roberto Pascual
21 de setembro de 1965. Nace en Fene o poeta Pablo Bouza Suárez
21 de setembro de 1969. Nace en Monforte de Lemos a escritora Teresa Moure
21 de setembro de 1823. Nace en Tui o poeta, historiador e xornalista Leopoldo Martínez Padín
21 de setembro de 1870. En Pontevedra nace Prudencio Rovira 'Rovirita', poeta e político
21 de setembro de 1919. Aparece en Negreira o primeiro número de A Fouce
21 de setembro de 1945. A escritora e investigadora Camiño Noia nace en Compostela
21 de setembro de 2004. O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade o Plan xeral de normalización da lingua galega
21 de setembro de 2020. Falece en Santiago de Compostela o escritor e tradutor Manuel Quintáns Suárez. Tiña 88 anos.
22 de setembro de 1849. Nace en Muros o poeta e xornalista César Cisneros
22 de setembro de 1907. O escritor e etnógrafo Xesús Taboada Chivite nace en Verín
22 de setembro de 1932. Falece en Lugo o poeta Amador Montenegro, autor do primeiro discurso de ingreso en galego da RAG
22 de setembro de 1939. Arturo Lezcano, escritor e xornalista, nace en Ourense
22 de setembro de 1966. Falece en Compostela o escritor Xesús San Luís Romero. Tiña 94 anos.
23 de setembro de 1909. O escritor e xornalista Juán Neira Cancela fina na cidade de Ourense aos 60 anos
23 de setembro de 1914. Nace en Friol Celestino Fernández de la Vega
23 de setembro de 1941. O filólogo e ensaísta Juan José Moralejo Álvarez nace en Compostela
23 de setembro de 1963. Nace en Lugo o escritor Manuel Núñez Singala
23 de setembro de 2012. Falece en Ourense, aos 97 anos, a escritora e poeta Dora Vázquez
24 de setembro de 1950. Nace en Neda o escritor Vicente Araguas, un dos fundadores de Voces Ceibes
24 de setembro de 1977. O escritor Sebastián Martínez-Risco falece na Coruña. Durante a súa presidencia na RAG instaurouse o Día das Letras Galegas
25 de setembro de 1884. Nace en Abadín o poeta e crego Daniel Pernas Nieto
25 de setembro de 1925. A editorial Lar publica Os nenos, de Xosé Filgueira Valverde
25 de setembro de 1929. Publícase o libro de Otero Pedrayo Pelerinaxes I, en Nós
26 de setembro de 1764. Falece en Oviedo o Padre Feijoo, escritor, pensador e relixioso
26 de setembro de 1895. Morre en Ourense Juan Manuel Paz Novoa, poeta, xornalista e avogado. Tiña 56 anos
26 de setembro de 1928. Nace en Chantada o escritor e crego Xosé Alvilares Moure
26 de setembro de 1960. A filóloga e tradutora Silvia Gaspar nace en Montevideo
26 de setembro de 1966. Nace en Francia o escritor e tradutor François Davo
26 de setembro de 1969. O escritor Xurxo Sierra Veloso nace en Caracas
26 de setembro de 2006. Empeza a emisión do programa da TVG Libro aberto, dirixido por Luís Rei Nüñez
27 de setembro de 1884. Nace en Compostela o poeta e político Eugenio Vázquez Gundín
27 de setembro de 1884. Víctor María Vázquez Rodríguez, escritor, músico e xornalista, fina aos 28 anos
27 de setembro de 1910. Falece en Madrid José Villaamil y Castro, arquiveiro, bibliotecario e historiador
27 de setembro de 1928. Fina na Habana Vicente López Veiga, fundador da revista Galicia e un dos impulsores da RAG
27 de setembro de 1930. Morre en Oleiros o escritor e tradutor Xosé Iglesias Roura
27 de setembro de 1932. Nace en Cangas o escritor Bernardino Graña
27 de setembro de 1956. O escritor e investigador Xosé Ramón Pena nace en Betanzos
27 de setembro de 1967. O escritor Julio Rodríguez Yordi falece na Coruña aos 72 anos de idade
28 de setembro de 1832. Nace en Ferrol o naturalista e investigador Víctor López Seoane
28 de setembro de 1912. Manuel Casado Nieto, escritor e tradutor, nace en Castro Caldelas
28 de setembro de 1913. Fina o escritor e xornalista Miguel Losada Losada. Tiña 53 anos
28 de setembro de 1936. Francisco Miguel Fernández Díaz, libreiro, ilustrador e pintor, é asasinado polos fascistas en Carballo. Tiña 38 anos
28 de setembro de 1940. A escritora Helena Villar Janeiro nace en Becerreá
28 de setembro de 1944. O lingüista e escritor Xesús Ferro Ruibal nace en Moraña
28 de setembro de 1949. O investigador e biólogo Uxío Santiago Labarta Fernández nace en Compostela
28 de setembro de 1952. O ensaísta, investigador e pedagogo Antón Costa nace en Castellar de la Frontera
28 de setembro de 1976. Nace en Ferrol o escritor e editor Alberte Momán
29 de setembro de 1838. Indalecio Armesto, escritor, xornalista, xurista, filósofo e político, nace en Pontevedra
29 de setembro de 1859. Nace en Pontevedra o escritor e médico Heliodoro Fernández Gastañaduy
29 de setembro de 1899. O escritor e xornalista Máximo Leyes Posse fina na Estrada. Tiña 44 anos
29 de setembro de 1900. O xornalista Xosé Trapero Pardo nace en Castro de Rei
29 de setembro de 1936. Nace en Pontevedra o poeta Xosé Cribeiro
29 de setembro de 1958. Nace na Habana o escritor gastronómico Miguel Vila Pernas
29 de setembro de 1960. O historiador Miguel Anxo Seixas nace en Arzúa
29 de setembro de 1966. Nace en Vigo a poeta Marta Dacosta
30 de setembro de 1844. Xosé María Chao Ledo, poeta e sacerdote, nace en Vilalba
30 de setembro de 1845. Nace en San Amaro o escritor Urbano Ferreiroa Millán
30 de setembro de 1850. Nace en Compostela o poeta e xornalista Alfredo Vicenti
30 de setembro de 1906. Constitúese na Coruña a Real Academia Galega. Composta por 40 membros e con Manuel Murguía de presidente
30 de setembro de 1910. Nace en Tui o escritor e médico Darío Álvarez Blázquez
30 de setembro de 1916. Falece en Madrid o poeta e xornalista Alfredo Vicenti. Tiña 65 anos
30 de setembro de 1916. Nace en Cee o escritor e profesor Francisco Mayán Fernández
30 de setembro de 1918. Manuel María Puga y Parga 'Picadillo', escritor, gastrónomo e político, fina aos 44 anos
30 de setembro de 1924. Sae en Bos Aires o primeiro número da revista Céltiga, co subtítulo de Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades
30 de setembro de 1950. Nace en Vimianzo Xosé María Lema Suárez, escritor e historiador
30 de setembro de 1962. Fina na Coruña Manuel Banet Fontenla, avogado e escritor. Tiña 91 anos