1 de febreiro
1 de febreiro. 1866. Falece en Compostela Luís Aguirre del Río, autor do primeiro dicionario bilingüe galego-castelán. Tiña 21 anos
1 de febreiro. 1923. Manuel Murguía falece na Coruña aos 89 anos
1 de febreiro. 1946. Comeza a publicarse en Compostela o xornal La Noche
1 de febreiro. 1948. Nace na provincial de Teruel a ensaísta e investigadora Aurora Marco
1 de febreiro. 1993. Juan Naya Pérez falece aos 78 anos. Foi historiador, xornalista e arquiveiro-bibliotecario da Real Academia Galega
1 de febreiro. 1993. Na Coruña falece Moncho Valcarce, escritor, crego e político. Tiña 57 anos
1 de febreiro. 2012. Empeza a editarse o xornal dixital Praza Pública
1 de febreiro. 2018. O escritor Isidro Novo falece en Lugo. Tiña 66 anos
2 de febreiro
2 de febreiro. 1827. Nace en Compostela o poeta e dramaturgo Francisco María de la Iglesia
2 de febreiro. 1856. Empeza en Vigo a publicación do periódico La Oliva, con Murguía como director literario
2 de febreiro. 1887. Aparece o primeiro número de A Fuliada, xornal editado en Betanzos e redactado íntegramente en galego
2 de febreiro. 1902. Falece na Coruña, aos 52 anos, o escritor, dramaturgo e militar Ricardo Caruncho Crosa
2 de febreiro. 1928. Enrique Zas Simo, escritor e xornalista, falece na Habana. Tiña 50 anos
2 de febreiro. 1929. Nace en Sarria o escritor e crego Elías Valiña
2 de febreiro. 1942. O escritor Xavier Carro nace en Compostela
2 de febreiro. 1968. Nace na Coruña o poeta Mário J. Herrero Valeiro
2 de febreiro. 1968. Xosé Antonio Neira Cruz nace en Compostela
2 de febreiro. 1973. Nace a filóloga e especialista en LIX Mar Fernández Vázquez
2 de febreiro. 1977. Nace o crítico literario e xornalista César Lorenzo Gil
2 de febreiro. 2002. Augusto Assía, escritor e xornalista, falece en Mesía aos 97 anos
3 de febrero
3 de febreiro. 1529. Orixe do Arquivo do Reino Galicia
3 de febreiro. 1842. Nace en Dodro Luís Aguirre del Río, autor do primeiro dicionario bilingüe galego-castelán.
3 de febreiro. 1867. Nace en Compostela Manuel Linares Rivas, escritor e dramaturgo
3 de febreiro. 1914. Fina en Pontevedra o escritor e membro fundador da RAG Celso García de la Riega. Tiña 69 anos
3 de febreiro. 1922. O escritor e pintor Tomás Barros nace en Toledo
3 de febreiro. 1940. O ensaísta e esconomista Xan López Facal nace en Cee
3 de febreiro. 1948. Eduardo Gutiérrez Fernández, ensaísta e político, nace en Ribadeo
3 de febreiro. 1992. Falece en montevideo,aos 84 anos, o escritor e mestre Xerardo Díaz Fernández
4 de febrero
4 de febreiro. 1864. Nace en Betanzos Salvador Cabeza de León, profesor e socio fundador da Real Academia Galega
4 de febreiro. 1893. Concepción Arenal falece en Vigo aos 73 anos
4 de febreiro. 1917. Principia en Pontevedra a publicación do periódico La Provincia
4 de febreiro. 1922. Xosé López Calo nace en Porto do Son
4 de febreiro. 1941. O escritor José Antonio Pet Posse nace en Ponteceso
5 de febrero
5 de febreiro. 1888. Edítase en Ourense a revista Álbum Literario, fundada e dirixida por Luciano Cid Hermida
5 de febreiro. 1915. Xosé María Álvarez Blázquez nace en Tui
5 de febreiro. 1939. En Vigo nace María Xosé Queizán
5 de febreiro. 1941. En Pontevedra nace o escritor e psiquiatra Cipriano Luís Jiménez Casas
5 de febreiro. 1944. A lingüista Maria do Carmo Henríquez Salido nace en Mugardos
5 de febreiro. 1951. Margarita Ledo Andión, escritora, xornalista e cineasta, nace en Castro de Rei
5 de febreiro. 1956. O filósofo Arturo Leyte nace en Vigo
5 de febreiro. 1962. O poeta Paco de Tano nace en Petín
6 de febrero
6 de febreiro. 1899. Nace en Melide o historiador e farmacéutico Antonio Taboada Roca
6 de febreiro. 1912. En Muros nace Xosé María García Rodríguez, escritor, xornalista e diplomático
6 de febreiro. 1927. O escritor e dramaturgo Daniel Cortezón nace en Ribadeo
6 de febreiro. 1951. Xosé María Costa Gómez, escritor e xornalista, nace en Chantada
7 de febrero
7 de febreiro de 1876. Dende Ourense publícase O Tio Marcos d'a Portela. Foi a primeira publicación periódica monolingüe en lingua galega
7 de febreiro de 1960. Nace en Meis a poeta Cruz Martínez Vilas
7 de febreiro de 1961. Na Fonsagrada nace o lingüista Benxamín Dosil López
7 de febreiro de 1974. Falece en Ourense o poeta e escritor Albino Núñez Domínguez. Tiña 73 anos
7 de febreiro de 1998. Falece aos 71 anos o escritor Antón Risco
8 de febrero
8 de febreiro de 1835. Eduardo Pondal nace en Ponteceso
8 de febreiro de 1846. O escritor e editor Andrés Martínez Salazar nace en Astorga
8 de febreiro de 1888. Morre aos 58 anos o escritor e médico José López de la Vega
8 de febreiro de 1894. Falece en Madrid o editor Alejandro Chao
8 de febreiro de 1960. Román Raña nace en Vigo
8 de febreiro de 1978. O poeta Perfecto Sulleiro falece en Madrid. Tiña 67 anos.
9 de febrero
9 de febreiro de 1890. Nace en Muras o escritor e historiador Vicente Otero Cao
9 de febreiro de 1902. Alberto García Ferreiro, escritor e xornalista, fina en Santiago de Compostela aos 41 anos
9 de febreiro de 1908. A poeta Clara Corral falece na Coruña. Tiña 60 anos
9 de febreiro de 1909. Aos 63 anos fina en Vilalba o escritor e historiador Manuel Mato Vizoso
9 de febreiro de 1914. O poeta Avelino Barbeito morre na Coruña aos 64 anos de idade
9 de febreiro de 1944. O escritor José Luís Fontenla Rodrigues nace en Pontevedra
9 de febreiro de 1947. Manuel Regal Ledo, escritor e teólogo, nace en Chantada
10 de febrero
10 de febreiro de 1846. Sae en Ferrol o periódico El Ferrolano, Periódico de literatura
10 de febreiro de 1913. Publícase na imprenta La Universal da Habana No desterro, de Ramón Cabanillas
10 de febreiro de 1948. Nace no Carballiño o arqueólogo Felipe Senén
10 de febreiro de 1949. O poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro nace en Ribadavia
10 de febreiro de 1954. Nace en Lugo o escritor José Estévez López
11 de febrero
11 de febreiro de 1781. Nace en Tui o escritor e profesor Pedro Miguel Caravelos Piñeiro
11 de febreiro de 1841. No concello asturiano da Veiga nace o escritor José Antonio Parga Sanjurjo
11 de febreiro de 1863. Manuel Lugrís Freire nace en Sada
11 de febreiro de 1885. Nace na Coruña o escritor Wenceslao Fernández Flórez
11 de febreiro de 1899. O escritor e xornalista Evaristo Correa Calderón nace en Baralla
11 de febreiro de 1910. Nace en Ourense o investigador e debuxante Xurxo Lorenzo Fernández
11 de febreiro de 1917. Edítase en Montevideo o semanario Tierra Gallega, con moito contido literario
11 de febreiro de 1962. Fina en Compostela José Couselo Bouzas, investigador e sacerdote
11 de febreiro de 1978. Nace en noia o poeta Manuel López Rodríguez
12 de febrero
12 de febreiro de 1864. Nace en Ferrol Xosé Fontenla Leal
12 de febreiro de 1975. Nace en Vigo a escritora Iolanda Zúñiga
12 de febreiro de 1976. A escritora Rosa Aneiros nace en Valdoviño
12 de febreiro de 1980. Fina en Compostela, aos 64 anos, o historiador e médico Manuel Rubén García Álvarez
13 de febrero
13 de febreiro de 1818. Nace en Celeiro (VIveiro) o político e xornalista Vicente Manuel Cociña
13 de febreiro de 1862. Francisco Suárez Salgado, xornalista e crego, nace na aldea de Bebo (Mazaricos)
13 de febreiro de 1874. O escritor e rexistrador Xan Pla Zubiri nace en Viveiro
13 de febreiro de 1883. José Alonso Obregón nace en Laza. Foi sacerdote, escritor e xornalista
13 de febreiro de 1902. O poeta Johán Carballeira nace en Vigo
13 de febreiro de 1958. Fina en Lugo, aos 62 anos, o poeta Luís Pimentel
13 de febreiro de 1958. Fina en Paraguai o escritor e xornalista Avelino Rodríguez Elías. Tiña 86 anos
13 de febreiro de 1979. A poeta Dores Tembrás nace en Bergondo
13 de febreiro de 1990. Manuel Rodríguez López, poeta, cronista e tradutor, falece en Lugo. Tiña 55 anos
14 de febrero
14 de febreiro de 1981. Nace en Vilaboa o escritor, tradutor e editor Tomás González Ahola
14 de febreiro de 1981. O escritor David Pobra nace na Pobra do Caramiñal
15 de febrero
15 de febreiro de 1910. Fúndase en Ourense o xornal La Región